InfraestructurasTráfico

El PP propone el tratamiento de vía urbana para un tramo de kilómetro y medio de la Nacional VI

By 18 mayo, 2022No Comments

El PP quiere que el Ayuntamiento se haga con la titularidad del último tramo de la Nacional VI a su paso por Lugo al “tratarse de un tramo de kilómetro y medio, que va desde el punto kilométrico 498,400 (a la altura del acceso de la Avenida de Madrid) hasta el punto kilométrico 500 (Puente Blanco), con el ánimo de mejorar la seguridad vial, impulsar la mobilidad sostenible y hacer ciudad

A humanización da porta de entrada a Lugo pola Nacional VI é unha actuación prioritaria para o Partido Popular e por este motivo pedirá ao pleno que faga as xestións necesarias co Goberno de España para que ceda o último tramo desta vía ao seu paso por Lugo. Trátase do tramo comprendido entre o punto quilométrico 498,400, á altura do acceso á Avenida de Madrid, ata o punto quilométrico 500, da Ponte Branca.

Os populares explican que “unha vez conseguida a súa titularidade se debería planificar unha actuación integral con cargo aos fondos europeos de recuperación”. O voceiro popular Ramón Carballo explicou que o obxectivo desta iniciativa “é converter o quilómetro e medio da Nacional VI, nunha vía urbana co ánimo de mellorar a seguridade viaria, impulsar a mobilidade sostible e facer cidade”.

O voceiro popular avanzou que “será necesario identificar os puntos onde é necesario intervir para presentar unha proposta de actuación que daría continuidade ás intervencións que, dentro da estratexia Dusi, está a levar a cabo o Concello de Lugo na zona do Anxo Carro e o Barrio de A Ponte. O popular explicou que “este é o momento de abordar este proxecto porque tamén está previsto que, por fin, o Ministerio faga a rotonda da Nacional VI á altura de Alfonso X”. “Debemos ser ambiciosos e ter unha perspectiva global para evitar a política de parches á que nos ten tan acostumado este goberno que só traballa a golpe de eleccións”.

Para Carballo “o feito de conseguir a titularidade da totalidade do tramo da N-VI que transcorre pola cidade permitiría avanzar na conexión da trama urbana da cidade coa zona fluvial, sempre tendo en conta a prioridade de preservar o entorno para o disfrute dos cidadáns”.  “Estamos falando  dun treito que cada vez absorbe máis vehículos, neste momento estamos a falar dunha vía máis da cidade na que o 80% do tráfico é interior, é dicir de vehículos cuxo traxecto comeza e finaliza na cidade.

O punto de acordo que se someterá a votación é o seguinte:

  1. Que o Concello de Lugo solicite ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, a cesión do tramo da N VI
  1. Que unha vez conseguida dita cesión se elabore unha actuación integral sobre a vía para humanizala e convertela nunha travesía que se integre no rueiro da cidade e favorecendo o acollemento que perciben os veciños e os visitantes da nosa cidade

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies