transparencia

El PP propone consensuar un código ético para evitar el uso partidista de la web municipal

By 19 agosto, 2015febrero 2nd, 2016No Comments

La concejala del Grupo Municipal del Partido Popular Ana López Pombo invita a Lara Méndez “a constituir la mesa de trabajo que se acordó crear, a iniciativa del PP en los años 2004 y 2014,  para elaborar unas normas de uso del portal digital del Ayuntamiento”

O Grupo Municipal do Partido Popular acolléndose á boa disposición que pregoa o Grupo Socialista “con sus medidas de transparencia en abundancia neste mandato” solicita  que a alcaldesa mande que se “retiren as novas con mensaxes partidistas da web municipal.”

Ana López Pombo indicou que “o goberno local debería mentalizarse de que ten nas súas mans unha canle municipal onde non teñen cabida as mensaxes partidistas”. A edil popular subliñou que “a web municipal é para informar aos cidadáns non para adoctrinalos” insistindo en que  “hai que evitar que este medio de comunicación institucional se use en beneficio dun partido político”.

Nese senso a popular invitou á alcaldesa a cumprir os acordos plenarios de dúas iniciativas do PP dos anos 2004 e 2014. Entre outros puntos, ambas iniciativas tiñan por obxecto redactar un texto consensuado por todos os grupos políticos representados na corporación coas normas básicas de funcionamento da web. “É só cuestión de voluntad política”, matizou Ana Sánchez Pombo, “a señora Lara Méndez só ten que convocar unha comisión e consensuar con todos os grupos da oposición un código ético de mínimos para evitar que a web municipal esta ao servizo dun partido político”.

A petición da edil do PP xurde logo de detectar que nestas primeiras semanas de mandato se están a publicar novas que atacan de forma directa ao partido maioritario da oposición. Ana Lopez Pombo aclarou que “cada partido xa conta coas súas canles propias para lanzar as súas mensaxes políticas polo que cuestiona o uso da web municipal para colgar este tipo de informacións”.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies