Zona Rural

El PP pregunta al gobierno de la Diputación que les hicieron los vecinos de Bóveda para no a arreglar dos kilómetros de la LU- P2903

By 22 agosto, 2021No Comments

El concejal del Grupo Municipal del PP Manuel López afirma no entender los motivos del gobierno de la Diputación para arreglar en esta pista, en las últimas semanas, un tramo de 600 metros para luego hacer marchar la maquinaria y dejar sin arreglar 1,8 kilómetros de pista, desde lo cruce de Facoi la Santa Eulalia de Bóveda, que está en un estado calamitoso

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Manuel López, pregunta ao goberno da Deputación se os veciños de Santa Eulalia de Bóveda lles fixeron algo malo, xa que “o castigo” do goberno provincial a estes cidadáns non se entende despois de ver como se arranxaron na LU-P2903 uns 600 metros aproximadamente, para deixar sen amañar o treito seguinte, entre cruce de Facoi a Santa Eulalia de Bóveda, de 1,8 quilómetros, que está nun estado calamitoso.

Manuel López non entende esta forma de actuar do goberno provincial, xa que “se a maquinaria e os traballadores están alí, o máis normal é seguir cos traballos, xa que a estrada necesita dun arranxo urxente”. A imaxe desta estrada non deixa lugar a dúbidas, chea de fochancas, grava a ambos lados da pista, pedras soltas polo camiño… “unha estrada que precisa dun arranxo, por moito que a Deputación lle queira dar as costas a estes veciños”.

Sinala o concelleiro popular que a única explicación posible é que o goberno da Deputación mire a afinidade política dos veciños ou os resultados das mesas electorais dos últimos comicios, porque senón non se entende este xeito de actuar.

O certo é que “o castigo” dos gobernos socialistas e nacionalistas á fronte da Deputación con estes veciños “é algo case que histórico”, xa que dende que chegaron ao goberno provincial en 2007 o único que fixeron foi “desprezar” a estes veciños, xa que esta estrada é o principal acceso ao santuario de Santa Eulalia de Bóveda.

Un desprezo que explica Manuel López do seguinte xeito. O goberno do PP anterior ao bipartito de 2007 deixou preparada unha actuación “seria e axeitada” ás necesidades e estado da LU-P2903. Cando o PSOE e o BNG chegaron á Deputación en 2007 tiñan “preparado e pechado” o arranxo desta vía, coas expropiacións feitas e pagadas, ao igual que a obra, que xa estaba contratada. A actuación consistía en arranxar o treito final desta vía, entre Santa Eulalia de Bóveda e Uceira.

Pero o primeiro goberno de Besteiro optou por cancelar esa actuación, polo que cancelaron o contrato de traballo coa empresa, á que lle devolveron a fianza. Por suposto, nada fixeron por manter en boas condicións esta estrada, nin obras de arranxo nin continuar coa obra programada polo PP.

Ante esta situación, Manuel López é claro e reitera a pregunta ao goberno da Deputación: “que lles fixeron os veciños de Santa Eulalia de Bóveda?”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies