Obras

El PP pide una cubierta desmontable para la piscina exterior de Frigsa

By 9 noviembre, 2015enero 29th, 2016No Comments

El portavoz popular Jaime Castiñeira propone que los presupuestos municipales de 2016 contemplen una partida específica para las obras para que la piscina de Frigsa “pueda ser usada todo el año” y optimizar de este modo la inversión allí realizada

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Jaime Castiñeira, reclama ao goberno municipal a instalación dunha cuberta desmontable para a piscina exterior de Frigsa.

Castiñeira explica que se trata dunha “vella reivindicación” tanto dos deportistas profesionais como amateurs e que o Partido Popular incluíra no programa electoral co que concorreron ás eleccións municipais de 2015 “e que avalaron maioritariamente os lucenses cos seus votos”. Nesa liña, os populares trasladarán unha iniciativa ao pleno do 26 de novembro para que os orzamentos municipais de 2016 inclúan unha partida específica para esta acción, co obxectivo de que as instalacións se poidan empregar durante todo o ano. “É necesario sacar o máximo rendemento posible e durante o máximo tempo posible ao longo de todo o ano”, insiste Jaime Castiñeira, quen urxe aos socialistas a “unha aposta real e decidida polo deporte e por todas as disciplinas”.

O voceiro popular detalla que esta medida se enmarca nun plan de acción “concreto e global” do Grupo Municipal do Partido Popular para que as dotacións públicas do Concello de Lugo se poidan utilizar “durante todo o ano” e así poder “optimizar” os investimentos económicos realizados.  Deste xeito, os populares engadirán á proposta de Frigsa outras como a cobertura do parque infantil de Augas Férreas.

Castiñeira, que trasladou este compromiso durante a presentación do Club de Natación Porta Miñá celebrada onte, agarda “o apoio unánime dos outros grupos políticos da corporación” ante unha demanda que comparten “deportistas afeccionados e profesionais, con persoas que acoden nadar por razóns de rehabilitación ou simple aprendizaxe”. “Pedimos que haxa unha implicación real de toda a corporación nese proxecto de máximo interese para toda a cidade”, conclúe o popular.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies