InfraestructurasPersonaltransparencia

El PP pide transparencia para evitar que las concesionarias sean oficinas de contratación de afines del PSOE y del BNG

By 16 mayo, 2022No Comments

Los populares piden cambiar del modelo cortijo andaluz donde solo se crea empleo para los amigos del bipartito tras conocer el caso de los vixilantes de la Vieja Cárcel donde “cuando se subrogó este servicio solo se garantizaba el puesto de trabajo a lo que fue candidato socialista en el Ayuntamiento de As Nogais”

No mes de marzo de 2017 abría as súas instalacións o Vello Cárcere cunha dotación de persoal que non contemplaba traballadores de seguridade do edificio. O bigoberno de Lugo despois de paliar este déficit cun contrato a Astra  Sistemas, S.A en maio de 2019 adxudica este servizo a Seyvi Seguridad.

No momento no que traspasa o servizo de vixilancia do Vello Cárcere só se incorpora para a subrogación a un dos dous vixilantes que estaban no cadro de persoal que “curiosamente” coincide coa mesma persoa que se presenta como candidato do PSOE ás municipais de 2019 polo concello de As Nogais deixando ao seu compañeiro fóra.

Para o Partido Popular “chama a atención que en notificacións anteriores Astra Sistemas, S.A. só faga referencia á existencia dun traballador de vixilancia, e non asuma ata que se inicia o proceso xudicial, a contratación do segundo traballador”. Basicamente, reflexionan os populares “o PSOE e o BNG só deron o nome dun traballador, o que quedou fóra recorreu ao xulgado para que o subrogasen. Finalmente os xuíces déronlle a razón e a empresa a actual empresa (Seyvi Seguridad) o incorpora ao seu cadro de persoal.

Para os populares este tipo de manobras “están fóra lugar” e consideran que hai que cambiar o modelo cortijo do bipartito de Lugo no que “só crean emprego para os seus amigos”.

A raíz da información do expediente ao que tivo acceso o Grupo Popular pedirán explicacións de varias cuestións sobre:

  1. Que medidas de control establece o Concello de Lugo para garantir que a información aportada polas diferentes concesionarias municipais é veraz?
  2. Por que motivos o Concello de Lugo non pasou o nome e datos dos dous traballadores a subrogar?
  3. Está nestes momentos debidamente cuberto o servizo de seguridade do Vello Cárcere?
  4. Está debidamente dimensionado este servizo para cando se proceda á apertura de todas as dependencias deste inmoble?

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies