Servicios sociales

El PP pide que el Ayuntamiento se adhiera al programa de viviendas vacías de la Xunta

By 22 abril, 2016No Comments

 Teijeiro reclama que el Ayuntamiento se implique para favorecer el acceso a la vivienda en alquiler de mujeres víctimas de violencia de género, de personas mayores, de jóvenes y de colectivos desfavorecidos, vulnerables o en situación de exclusión social

A concelleira popular Mari Teijeiro anunciou esta mañá en rolda de prensa que pedirá no vindeiro pleno a adhesión do Concello de Lugo ao programa de vivendas baleiras da Xunta de Galicia, co que se pretende mobilizar os inmobles existentes en toda a comunidade, con independencia do seu titular, para destinalos a alugueiro social.

Tal como explicou a edil popular, a Lei de Vivenda de Galicia, da que foi poñente o voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Jaime Castiñeira, establece que as administracións públicas poderán adoptar medidas dirixidas a impulsar a posta no mercado de alugueiro de vivendas “co obxectivo prioritario de favorecer que colectivos sociais especialmente desfavorecidos, vulnerables ou en situación de exclusión social, así como mulleres vítimas de violencia de xénero, persoas maiores e persoas novas que pretendan acceder á vivenda por primeira vez teñan moitas máis garantías de conseguilo”.

Nese senso, Mari Teijeiro detallou que entre as iniciativas adoptadas pola Xunta de Galicia para favorecer esta posibilidade se atopa o Plan Rehavita (Plan Galego de Rehabilitación, Alugueiro e Mellora de Acceso á Vivenda 2015-2020), que inclúe este Programa “a desenvolver a tres bandas”. Así, a edil popular puntualizou que “ademais da Xunta, que achega o seguro multirrisco do fogar e un seguro de garantía de cobro da renda, tamén se implican, por unha banda, os Concellos, que teñen a función de propoñer as vivendas que se poden incorporar e tamén os adxudicatarios das mesmas de acordo aos criterios establecidos; e, pola outra, a Federación Galega de Municipios e Provincias, órgano co que a Xunta autorizou un convenio en virtude do cal difundirá entre os municipios a creación deste programa e promoverá a súa incorporación ao mesmo.

“Do que se trata é de aunar forzas e de coordinar esforzos para garantir o dereito constitucional dos lugueses a unha vivenda”, asegurou Teijeiro, quen explicou que, neste momento, o Concello de Lugo só dispón de tres pisos para axudas de emerxencia social.  “Somos conscientes de que o parque de vivenda pública en Lugo é mínimo pero iso non ten que desincentivar que nos sumemos a este acordo”, matizou.

Por último, a concelleira popular sinalou que “este programa podería funcionar de xeito complementario ás axudas municipais de alugueiro, que se teñen demostrado insuficientes pola mala xestión económica realizada polos gobernos socialistas de Lugo”. Nesa liña, Mari Teijeiro lembrou que o goberno municipal denegou entre 2014 e 2015 estas subvencións á metade dos solicitantes “malia a que cumprían todos os requisitos e a que verdadeiramente o precisaban estas familias” (en 2014, 50 das 140 solicitudes que cumprían todos os requisitos quedaron sen atender; e en 2015, 63 das 135 que se axustaban estritamente ao establecido tampouco recibiron a axuda). 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies