Cultura

El PP pide que comparezca en pleno Maite Ferreiro para explicar el abandono de los museos municipales

By 14 enero, 2020No Comments

Los populares están preocupados porque, después de seis meses, en el gobierno aún no hay una decisión en firme sobre el futuro de las salas que dependen del ayuntamiento por lo que reclama a la responsable de cultura que detalle “cuál es el plan de choque para activar estas dotaciones culturales y la que espera para recuperar los contenidos digitales que fallan”

O Partido Popular quere que a responsable de cultura, a nacionalista Maite Ferreiro, compareza en pleno co obxecto de poñer “luz e taquígrafos á situación de abandono que sofren os museos e salas municipais en canto aos fallos dos contidos dixitais”.

Para o voceiro popular Ramón Carballo resulta chamativo que os nacionalistas culpen das deficiencias de xestión destas salas ao PSOE matizando que “abren unha nova brecha no bigoberno eludindo responsabilidades e anunciando, curiosamente, trala nosa denuncia que levarán a cabo un plan de choque”.

Dende o PP esiximos responsabilidades políticas “pola falla de dilixencia e incapacidade do bigoberno” e pide “un traballo serio para solucionar o antes posible os problemas técnicos que hai en todas as salas municipais, especialmente, o MIHL e a Casa dos Mosaicos onde os seus contidos básicos son os vídeos”

Ramón Carballo salientou que os nacionalistas, abanderados da cultura, semellan que teñen problemas para xestionar os museos municipais reflexionando “teñen os museos como os teñen e logo presumen de querer que o noso casco histórico sexa Patrimonio da Humanidade”.

Para os populares o problema de mantemento dos museos municipais resulta moi preocupante xa que “se son incapaces de xestionar os museos municipais, que podemos esperar do que van facer co novo auditorio de Magoi”.

Por último o voceiro popular ironizou co “apresurado plan de choque que os nacionalistas veñen de anunciar e que, curiosamente, coincide xusto coa denuncia feita polo Partido Popular, e preguntan ao BNG se a situación era tan caótica porque non o denunciaron”. Carballo concluía que esta situación vén motivada porque “a concelleira de cultura atende a outros menesteres da Deputación que é de onde cobra o seu soldo deixando de lado as cuestións que afectan ao eido municipal”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies