Cultura

El PP pide partidas en los presupuestos municipales para completar el Paseo Interior de la Muralla y mejorar las traseras de los edificios

By 30 noviembre, 2021No Comments

Para Ramón Carballo esta actuación es fundamental “para realzar el monumento romano y ganar nuevos espacios para los ciudadanos y porque supondría un plus para conseguir que el casco histórico de Lugo sea declarado Patrimonio de la Humanidad”

O Grupo Popular pedirá que nos orzamentos municipais para 2022 haxa unha partida suficiente para completar o Paseo Interior da Muralla así como axudas para mellorar as traseiras dos edificios que dan cara ao monumento romano. Carballo insta a Méndez e Arroxo para que “se tomen en serio esta actuación xa que podería supor un plus para conseguir que o casco histórico sexa declarado Patrimonio da Humanidade.

O voceiro popular explicou que dende o adarve da Muralla visualízase “unha imaxe de abandono do Paseo Interior, que quedou a medias, e do que non hai proxectos para rematalo”. Carballo indicou que “se se avanza en completar esta ronda interna tamén se melloraría a imaxe das traseiras dos edifiicios que poderían converterse en fachadas principais”. Nese senso, dende o PP propoñen unha liña específica de axudas.

O popular lamentou que pola loita de liderazgos entre PSOE e BNG perdesen a oportunidade de dedicar fondos europeos para esta intervención e os estean gastando en proxectos absurdos como as caldas de auga do grifo quentada cun quentador ou un carril bic cun trazado absurdo.

Tiveron nas súas mans os cartos para deseñar un Lugo do século XXI e o que nos ofrecen son proxectos a parches. Nós cremos que é o momento de transformar unha zona, que agora está degradada, nun espazo para o disfrute dos cidadáns e que sirva de reclamo para os turistas.

Esta petición dos populares coincide na véspera da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade. Precisamente sobre os actos de conmemoración o PP lamentou que en vez de programar accións conxuntas os dous socios de goberno se contraprogramen para conseguir quen gaña o titular máis grande “a concelleira de cultura programou os actos para o domingo pero ao ver que a alcaldesa organizaba as Medallas de Ouro da Cidade o martes mudou de opinión cambiando para esa mesma xornada a programación prevista”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies