InfraestructurasMedio Ambiente

El PP pide el arreglo del puente romano para evitar daños mayores en la estructura en el caso de nuevas crecidas

By 20 febrero, 2023No Comments

Antonio Ameijide explica que, pese a que parece que los daños no afectaron a la propia estructura del puente, sí que es necesario arreglarlos de inmediato para evitar que vayan a más y puedan dañar su estructura

Nas últimas semanas foron moitos os lucenses que, trala impresionante crecida do Miño, achegáronse ata o cauce fluvial para ver as consecuencias da enchente e moitos quedaron alarmados polas secuelas que se poden ver na ponte romana.

Antonio Ameijide explica que dous dos tajamares que serven de protección aos piares están danados, tras perder varias das pedras que forman a súa estrutura. Unha imaxe que pese a xerar alarma entre a cidadanía semella non afecta á propia estrutura da ponte romana, pero cómpre arranxalos o antes posible para evitar danos maiores no caso dunha nova crecida do río.

O concelleiro popular explica que hai poucos días puidemos ver na prensa como responsables do Concello de Lugo acudían á ponte romana para facerse unha foto mentres retiraban o tronco dunha árbore, unha actuación necesaria para evitar máis danos na ponte pero “cómpre realizar o mantemento completo e non quedar na foto dun día”.

A realidade é que a día de hoxe aínda poden verse troncos incrustados na estrutura da ponte, o que demostra “a nula preocupación do goberno local polo estado desta infraestrutura” pola que pasan a diario miles de lucenses, ben sexa paseando ou facendo deporte.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies