Servicios socialesSin categoría

El PP pide igualdad de oportunidades para acceder a la oferta municipal de servicios para la conciliación

By 23 junio, 2016No Comments

La concejala popular Mari Teijero solicita que se elabore una Ordenanza Municipal del Servicio de Atención a la infancia “que regule el acceso a las plazas que se ofrecen en ociotecas, aulas abiertas o campamentos municipales organizados tanto en los Centros de Convivencia como en las Casas das linguas”

O GMPP reclama que se elabore unha Ordenanza Municipal do Servicio de Atención á infancia que “iguale o funcionamento e os criterios de admisión  nas prazas que se ofertan dende o Concello para conciliación da vida persoal, familiar e laboral”. Mari Teijeiro solicita esta regulación para garantir que “se aplique un criterio uniforme que asegure a igualdade de oportunidades no acceso ás prazas que se ofrecen para atención á infancia tanto no programa Aprende Xogando como nas Aulas Abertas ou campamentos municipais organizados para nenos e nenas nos centros de convivencia municipais así como nas casas da linguas”.

A concelleira do PP Mari Teijeiro afirmou que “por responsabilidade se debería regular quen, e en que condicións, poden facer uso deste servizo”. A popular presenta esta petición logo de recibir as queixas de veciños de Lugo sobre unha das actividades gratuítas ofertadas na casa das linguas da Estrada da Granxa “no campamento de verán, que se publicou en prensa o martes 21 de xuño, tiña xa a media mañá as prazas da primeira quincena de xullo cubertas e da segunda só quedaban 2 libres”. Para a edil popular é “sorprendente” o método utilizado na asignación de prazas no que tan só se primaba a orde de inscripción sen priorizar a aquelas familias que polas súas circunstancias sociais, laborais ou familiares o precisen.

A popular enumerou tamén varias suxestións para mellorar o servizo. Primeiro, anunciou que o seu Grupo solicitará que se elaboren informes técnicos no que se valoren si os espazos nos que se desenvolven as actividades  están debidamente adecuados e cumpren coas esixencias en materia de seguridade e saúde, así como as necesidades de mellora que presentan.

E en segundo lugar, a concelleira do Grupo Popular Mari Teijeiro reclamou un sistema de inscripción na oferta dos servizos municipais para a conciliación familiar que se adapte á realidade dos usuarios. A popular instou ao goberno local a buscar unha fórmula para que os pais que traballen no horario das inscripcións (9.00 a 14.00 hras) podan matricular aos seu fillos sen ausentarse do seu traballo”. Outra suxestión da popular para mellorar o servizo das ociotecas sería ampliar o rango de idade para as prazas de nenos con rapaces con discapacidade intelectual.

No transcurso da rolda de prensa Teijeiro tamén recriminou que a empresa que presta o servizo nas tres ociotecas municipais esté dende hai máis dun mes sen contrato. A popular subliñou que este é un novo caso dos que se suman á longa listaxe de servizos que se pagan con reparos de intervención no Concello de Lugo polo que insta a que “regularice canto antes esta situación”.

O contrato deste servizo adxudicouse en xullo de 2015 e rematou en decembro de 2015; outorgándolle unha prórroga entre Xaneiro e Maio de 2016. “En febreiro se enviou unha providencia para a elaboración do prego e neste momento descoñecemos en que punto está”, indicou Teijeiro.

Responder

2 × 3 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies