Zona Rural

El PP pide al gobierno local el arreglo inmediato de la pista que une Santalla de Lamas con Gomelle

By 5 abril, 2022No Comments

Los concejales del Grupo Municipal del PP, Óscar Poy y Rafael Pérez, visitaron la parroquia de Santalla de Lamas, donde los vecinos les mostraron el abandono que sufren por parte del gobierno local, ejemplificado en la pista que une esta parroquia con Gomelle, por la que hasta no hace mucho circulaban vehículos particulares, pero ahora solo pasan tractores

Os concelleiros populares Óscar Poy e Rafael Pérez seguen a percorrer as diferentes parroquias do rural lucense escoitando todas as peticións que lles transmiten os veciños destas zonas, entre elas o enorme abandono que presentan moitas pistas das parroquias, vías que deberían de estar nun bo estado de mantemento xa que moitas presentan grandes baches que dificultan a circulación dos vehículos, a pesar de que estas pistas son a principal vía de comunicación para todos os veciños do rural.

Nesta ocasión, Óscar Poy e Rafael Pérez estiveron cos veciños de Santalla de Lamas que denunciaron o lamentable estado no que se atopa a pista que une esta parroquia con Gomelle, unha vía pola que ata non hai moito podía circularse con vehículos particulares pero que ante o grave deterioro que sufriu, o abandono do goberno de Lara Méndez e o empeño do concelleiro encargado do rural, Miguel Fernández, de mirar cara outro lado, agora so pode usarse unicamente con tractores.

Explican os populares que non se trata nesta ocasión de desperfectos que poidan causar danos en vehículos “é que os coches xa non poden pasar por unha pista municipal” un asunto “o suficientemente grave como para que o goberno local dea unha solución inmediata”.

Ante esta situación, tanto Óscar Poy como Rafael Pérez reiteran a necesidade de que o goberno municipal realice o arranxo inmediato desta pista e, para evitar máis problemas, instan ao goberno local a crear un plan de revisión das pistas de todas as parroquias para arranxar todas as deficiencias que se detecten e así evitar problemas aos veciños do rural, que cada día teñen que sufrir estes e outros problemas.

Responder

20 + 10 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies