EconomíaPersonaltransparencia

El PP pide al gobierno local la publicación de todas las listas de las bolsas de empleo antes de fin de año

By 21 noviembre, 2021No Comments

El concejal del Grupo Municipal del PP Rafael Pérez explica que de las 42 bolsas de empleo convocadas por el gobierno local en agosto de 2020 tan sólo hay siete publicadas, por lo que urge una solución inmediata ya que hay miles de lucenses en una situación de incertidumbre esperando por una solución

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Rafael Pérez, pedirá no vindeiro pleno que o Concello de Lugo publique antes do remate deste ano as listas de emprego que aínda están pendentes, dando oportunidade de emprego a numerosos lucenses que solicitaron a súa inscrición nas mesmas e garantindo que se cubran a totalidade de postos nos diferentes servicios municipais.

Sinala Rafael Pérez que en xullo de 2020 o Concello de Lugo anunciou a creación dunha bolsa de emprego que recollía 42 categorías para cubrir as posibles vacantes que se puidesen producir nos diferentes servicios municipais para, a continuación, publicar a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo no mes de agosto. Deste xeito, o goberno local pretendía garantir que en ningún momento queden postos sen cubrir, sobre todo nalgúns departamentos que por distintas circunstancias son máis proclives a contar con menos persoal e nos que se detecta unha demanda frecuente de traballadores.

Unhas bolsas de emprego que tiveron unha gran demanda por parte dos lucenses, superando as expectativas, dando por sentado que as listas estarían preparadas nunhas semanas, dando así unha solución para moitas familias nun momento crítico, polo que parecía unha boa oportunidade de emprego que daría unha saída a persoas en situacións de dificultade para atopar emprego.

Pero a realidade é que xa transcorreu máis dun ano dende a convocatoria das mesmas e a día de hoxe están publicadas as listas de auxiliar administrativo, arquitecto, analista-programador, enxeñeiro de camiños, traballador social, oficial de lector de contador e músicos (na que hai varios instrumentos) restando aínda moitas listas por publicarse e tendo nunha situación de incerteza a miles de lucenses.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies