Zona Rural

El PP pide al gobierno local a mejora de las pistas en Argonde, en San Xoan del Campo

By 8 mayo, 2022No Comments

Los concejales del Grupo Municipal del PP, Óscar Poy y Rafael Pérez, se acercaron hasta Argonde donde los vecinos les mostraron los problemas que presenta una de las pistas de este núcleo, mal asfaltada y estrecha, lo que impide el paso de tractores o camiones de recogida de la leche

O mal estado das pistas nas parroquias segue a xerar malestar entre os veciños de Lugo, que ven como estas vías de comunicación cada vez presentan un peor estado, dificultando a circulación a vehículos, sen que o goberno local faga nada por dar solución a este problema.

Nesta ocasión, os concelleiros populares, Óscar Poy e Rafael Pérez, achegáronse ata Argonde, na parroquia de San Xoan do Campo, onde os veciños piden que se dote de máis anchura á pista para que poidan circular tamén tractores e camións da recollida do leite.

Unha petición que aproveitan os populares para pedir ao goberno local que realice unha revisión das pistas desta parroquia para realizar todos os arranxos que sexa preciso acometer para telas todas en bo estado, xa que é de sobra coñecido que moitas presentan grandes baches que dificultan a circulación dos vehículos, a pesar de que estas pistas son a principal vía de comunicación para todos os veciños do rural.

Recordan os concelleiros populares a necesidades de que, para evitar problemas, o goberno municipal debería elaborar un plan de revisión das pistas de todas as parroquias para arranxar todas as deficiencias que se detecten e así evitar problemas aos veciños do rural, que cada día teñen que sufrir estes e outros problemas.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies