DeportesSeguridadServizos xeraistransparencia

El PP pide al bigoberno que ponga la disposición de los lucenses una APP gratuita e información en la web municipal para mantener la forma durante el confinamiento

By 2 abril, 2020No Comments

El concejal del Grupo Municipal del Partido Popular Óscar Poy explica que esta iniciativa daría a los lucenses una alternativa más durante los días de confinamiento y ayudaría a llevar unos hábitos de vida saludables y evitar el aumento de peso que se puede producir debido al sedentarismo que propicia el deber de quedar en casa

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Óscar Poy, insta ao goberno local a por a disposición de todos os lucenses unha APP móbil e información na web municipal para que durante o tempo que dure o confinamento poidan realizar unha actividade física regular nas súas vivendas e así afrontar doutro xeito os días que aínda resten por quedar na casa. Rutinas de adestramento que poderían ser sen necesidade de elementos nin equipamentos propios dos ximnasios, se non con elementos que calquera lucense pode ter na casa.

Óscar Poy sinala que sería outra vía para que o Concello de Lugo poña o seu gran de area para facer máis sinxela esta etapa aos lucenses, xa que se trata dun momento “moi complicado” no que “todos temos que colaborar quedando nas nosas casas”. “No momento no que nos atopamos o Concello de Lugo debería facilitar esta ferramenta xa que a saúde física axuda a que o confinamento se leve mellor”, sinalan.

Para os concelleiro do Grupo Municipal Popular esta iniciativa é moi importante xa que o exercicio físico axuda a controlar a ansiedade, activa o sistema inmunitario, axuda a paliar os efectos que a falta de movemento do confinamento provoca no corpo e ademais axuda a ter outra actividade para pasar o día.

Neste senso, desde o Grupo Municipal Popular ínstase ao bigoberno a poñer en marcha esta APP que tería que ser gratuíta para facilitar o acceso a toda a cidadanía e ademais pensando as rutinas físicas segundo diversos eidos, como poden ser os rangos de idade ou o estilo de vida de cada un.

Óscar Poy sinala que esta APP podería aportar tamén consellos sobre nutrición para evitar que o sedentarismo ao que convida o confinamento propicie un aumento de peso non desexado. “Son moitos os expertos que aseguran que ao pasar tantos días seguidos na casa as persoas caen nunha rutina que propicia que comamos dun xeito indebido e alimentos que non son recomendable”, sinalan, polo que debido que durante estas semanas se reduce o movemento e o gasto calórico sería propicio que se aportaran consellos sobre alimentación e incluso receitas saudables e sinxelas de facer contando coa axuda dos máis pequenos da casa para darlles a eles tamén máis alternativas durante o día.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies