InfraestructurasObras

El PP pedirá en pleno mejoras en dotaciones de A Piringalla, Frigsa y la Policía Local

By 22 noviembre, 2015enero 29th, 2016No Comments

El portavoz popular Jaime Castiñeira reclama el apoyo de los otros cinco grupos políticos para “desbloquear y ampliar los usos previstos en la biblioteca de A Piringalla, paralizada por el gobierno socialista desde abril de 2012

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Jaime Castiñeira, explica que os populares trasladarán ao pleno do xoves tres iniciativas relacionadas coa zona norte da cidade “enmarcadas no plan decidido do Grupo Municipal do Partido Popular para reequilibrar o municipio”.

Nesa liña, unha das propostas consistirá no “desbloqueo e a ampliación dos usos previstos” para a biblioteca da Piringalla, proxecto que o goberno municipal ten paralizado dende hai case catro anos (abril de 2012). Deste xeito, os populares suxiren que se convirta nun espazo multifuncional que, ademais de biblioteca, sexa un centro de referencia para toda a mocidade de Lugo, incorporando áreas integrais de educación e ocio coma unha ocioteca, unha ciberaula, un laboratorio de idiomas, aulas de reforzo escolar ou lecer, unha sala de artes escénicas e unha aula de comunicación ou orientación e resolución de conflitos con soporte psicopedagóxico e social. A este respecto, Castiñeira criticou “as présas da semana pasada por aprobar na Xunta de Goberno sen agardar á decisión do pleno desta semana”.

Outra das proposicións populares está relacionada coa incorporación dunha partida nos orzamentos municipais de 2016 para a instalación dunha cuberta desmontable para a piscina exterior de Frigsa, de xeito que “se poida optimizar o investimento alí realizado, sacándolle máis rendemento durante o máximo tempo posible”, tanto para quen aprenden como para quen se rehabilitan alí ou practican deporte. “O goberno municipal debe adoptar unha estratexia clara para que máis dotacións municipais se poidan empregar durante todo o ano”, na que inclúen tamén a cobertura do Parque infantil de Augas Férreas, ademais desta proposta.

En terceiro lugar, o Grupo Municipal do Partido Popular defenderá na sesión do xoves a descentralización da Policía Local, coa apertura dunha nova delegación na zona norte da cidade e habilitando unha unidade administrativa nas dependencias municipais do centro. Ademais, solicitará que nos orzamentos do Concello de 2016 se incorpore unha partida de 216.000 euros para centralizar a xestión do servizo a través dun sistema de xeolocalización, así como a mellora das comunicacións da policía local coa renovación dos radioteléfonos persoais dos axentes e a instalación de antenas que optimicen o funcionamento deste corpo.

Por último, os populares tamén reclamarán a elaboración dun código de boas prácticas para a web institucional, “ante os numerosos casos de uso partidista e tendencioso detectado por parte do goberno municipal”. Nesa liña, Castiñeira alerta do “perigo democrático e do risco para a imaxe do Concello que supón esta confusión interesada entre o ámbito político e o institucional”, que se plasma en “visións sesións e terxiversadas” da actualidade do Concello, algo que “non é casualidade nin un comportamento inocente”.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies