Urbanismo

El PP pedirá en el pleno la aprobación definitiva del 5% PXOM que tiene el informe favorable de la Xunta

By 13 febrero, 2023No Comments

Antonio Ameijide explica que se pedirá de nuevo en el pleno que el Ayuntamiento de Lugo proceda a la aprobación del plan tras la negativa reiterada de Lara Méndez y Rubén Arroxo a aprobar definitivamente el plan de ordenación

Todos os lucenses, especialmente aqueles que viven ou que queren asentarse nas parroquias do rural, seguen agardando con inquedanza a demora inxustificada da aprobación definitiva do 5% do PXOM, motivo polo que o Grupo Municipal do Partido Popular pedirá en pleno, unha vez máis, que o goberno de Lara Méndez acometa de xeito urxente os trámites precisos para a aprobación definitiva do PXOM de Lugo que xa conta co informe favorable da Xunta de Galicia.

Antonio Ameijide sinala que “nos vemos na obriga de pedir unha vez máis no pleno a aprobación definitiva do PXOM”, lembrando que de momento non se aprobou porque é preciso que o Concello de Lugo incorpore documentación que xa existe, como planos de cursos fluviais ou algúns axustes facilmente emendables que non están a realizar.

No pleno de xaneiro, tanto Lara Méndez como Rubén Arroxo negáronse a aprobar os trámites precisos para a aprobación definitiva, amparándose en que teñen que enviar toda a documentación á Xunta de Galicia, algo que non é certo nin necesario xa que dende o goberno galego xa se informou ao Concello de Lugo de que “analizada a documentación, púidose verificar que na mesma se corrixen, en xeral, as deficiencias sinaladas, polo que emítese informe favorable previo á aprobación definitiva do PXOM de Lugo”.

O concelleiro popular sinala que se trata de trámites sinxelos e, unha vez realizados, o pleno poderá aprobar definitivamente o documento no que se corrixan as deficiencias sinaladas e no que tamén se recollan integramente as condicións expresadas nos informes da CHMS. “A realidade é que á Xunta non ten que volver o plan xa que xa deron o visto e prace ao 5% do PXOM. So hai que incluír as correccións, levalo a pleno e aprobar definitivamente, pero Lara Méndez e Rubén Arroxo néganse”, denuncia.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies