O GarañónUrbanismo

El PP pedirá la comparecencia “sistemática en todos los plenos” del edil de Urbanismo

By 6 febrero, 2017No Comments

 Jaime Castiñeira critica que “este jueves vence el plazo de quince días que le hemos dado al gobierno local para que convocase la Comisión específica sobre O Garañón”, sin que los socialistas “hayan dado ni un solo paso siquiera para constituirla”

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Jaime Castiñeira, anuncia que “no caso de que o concelleiro de Urbanismo, Daniel Piñeiro, non convoque antes deste xoves a primeira reunión da Comisión específica sobre o Garañón, aprobada en xullo de 2015 e reiterada en xaneiro de 2017, pediremos sistematicamente a súa comparecencia plenaria para dar explicacións sobre a situación desta urbanización”.

Nesa liña, Jaime Castiñeira asegura que “estamos dispostos a recorrer a unha situación extraordinaria e inédita, como é a de reclamar, pleno si e pleno tamén, que un concelleiro dea explicacións de por que decide non asumir as súas obrigas, incumprindo o enésimo acordo plenario municipal”. “Todos os grupos políticos da oposición temos amosado a nosa disposición e a nosa colaboración na procura dunha solución que nos libere tanto das torres nas Costas do Parque como da posible indemnización ao promotor, pero o que nos atopamos enfronte é unha pechada defensa dos intereses dos padriños políticos da alcaldesa (Orozco e Besteiro) e dos do promotor”, lamenta o popular.

Así mesmo, Castiñeira censura que “despois de case dous anos no Concello, o novo goberno non fora consciente da gravidade, da importancia e das consecuencias deste tema para sentarse a analizar en profundidade esta cuestión”, en referencia a aspectos que o voceiro popular puxo sobre a mesa como alternativas para a anulación do convenio urbanístico, como os incumprimentos do promotor en canto á data de presentación do proxecto, os erros nos cálculos de aproveitamento lucrativo ou a inexistencia de informes dos departamentos de Arquitectura e Intervención.

“Por iso, o que hai que facer é tomar en serio dunha vez por todas a cuestión do Garañón”, porque resulta “incomprensible a despreocupación dos socialistas, que é tal que a finais da semana pasada o goberno local nin sequera tiña contratado a asesoría externa parcial para avaliar se finalmente presentar recurso ás sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 22 de decembro de 2016. “Isto significa que a 15 días de que remate este prazo (o 23 de febreiro) non hai nin decisión tomada nin recursos destinados a facelo malia a que a alcaldesa se comprometera a elo hai tres semanas”, conclúe.

Responder

14 + trece =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies