InfraestructurasObrasUrbanismo

El PP pedirá a la Xunta el refuerzo de la señalización y de la seguridad de los peones en las obras de mejora de San Eufrasio

By 17 octubre, 2019octubre 21st, 2019No Comments

El vicevoceiro del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide señala que es preciso mejorar la seguridad viaria en varios puntos de San Eufrasio, sobre todo para garantizar la seguridad de los peones en esta vía, por lo que se pedirá al gobierno gallego un esfuerzo para mejorar la seguridad

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, destacou o esforzo realizado pola Xunta de Galicia para renovar a rúa San Eufrasio, unha obra “necesaria” para a cidade e que finalizará nos próximos días.

Por iso, Antonio Ameijide sinala que se porá en contacto co executivo galego para transmitirlle unha das peticións realizadas polos veciños de Castelo, cos que o Grupo Municipal Popular se reuniu para coñecer as necesidades do barrio, como é a mellora da seguridade viaria na zona, sobre todo no que se refire aos peóns.

Neste senso, o concelleiro popular salienta que se pedirá ao goberno galego un reforzo na sinalización dos pasos de peóns, como poden ser “reforzos na sinalización horizontal e vertical” para advertir aos condutores da presenza dun paso de peóns para que deste xeito reduzan a velocidade.

Os pasos de peóns máis urxentes nos que habería que actuar serían os dous que hai no barrio de Castelo. Tamén sería preciso mellorar a sinalización do paso de peóns que hai á altura do Camiño Primitivo, xa que é empregado a diario por centos de peregrinos, “polo que cómpre mellorar a seguridade nese punto”.

Antonio Ameijide reclama tamén, neste caso ao goberno local, a colocación dunha marquesiña do transporte urbano no barrio de Castelo, xa que os veciños precisan dalgún elemento que lles axude a resgardarse das inclemencias meteorolóxicas cando agardan polo autobús.

O concelleiro popular sinala tamén que na ponte que hai ao carón das instalacións da Cruz Vermella no barrio hai unha ponte “nunhas condicións moi mellorables” xa que conta con numerosos baches. “O firme da ponte é de adoquíns e o goberno local optou por tapar os baches con area, unha actuación nefasta que non serviu para nada”, afirmou.

Rotonda con Fontiñas
Antonio Ameijide aproveita a ocasión para recordar a Lara Méndez que agora é o momento perfecto para dar o impulso definitivo á rotonda de San Eufraiso coa Avenida de Fontiñas, despois de que a Xunta apostase por arranxar esta vía, e, de paso, dar cumprimento aos acordos plenarios, tomados por iniciativa do Partido Popular para a creación da devandita rotonda.

Trala actuación realizada pola Xunta, o executivo galego ofreceu os terreos, totalmente acondicionados, ao Concello de Lugo. “Oxalá Lara Méndez non torpedee tamén esta obra tan necesaria para a cidade, coa que se porá coto a un dos puntos negros para a seguridade viaria en Lugo, xa que é un dos puntos con maior sinistralidade do municipio”, sentenciou.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies