EconomíaInfraestructuras

El PP lamenta que PSOE y BNG rechacen elaborar un plan de optimización de recursos que evite que crezcan desmesuradamente las facturas de mantenimiento

By 28 abril, 2022No Comments

Los populares lamentan que PSOE y BNG rechacen elaborar un plan de optimización de recursos que evite que crezcan de forma desmesurada las facturas de mantenimiento de los edificios e instalaciones públicas. Socialistas y nacionalistas, con la excusa de que ya lo están haciendo, dijeron no a unificar los suministros energéticos, o a hacer un estudio de alternativas, de eficiencia energética. El vicevoceiro popular interpreta esta actitud como un síntoma de que “el bigoberno va de nuevo rico” subrayando que “mientras otros ayuntamientos ganan empresas y aumentan la población Lugo de la pasos marcha atrás”.

O Sector Público seguiu nos últimos anos a tendencia do crecemento dos gastos públicos en proporcións moi superiores á súa capacidade de xerar ingresos, é por isto que podemos dicir que nos atopamos ante unha única vía, a redución do gasto. Pero isto implica un sistema de control eficiente que permita coñecer o que ocorre co gasto dende que xurde a necesidade que o require ata que se satisface.

Estamos nun momento de redución de ingresos e ante o reto de soster os servizos públicos co mesmo nivel de calidade ou, incluso, cun nivel superior. O sector público actúa nun entorno complexo, en cambio continuo, e o cidadán esixe cada día máis servizos e de máis calidade.

Faise preciso dar a coñecer onde se aplica cada recurso e cales son os resultados obtidos cos mesmos, así cómo a obriga de reducir aqueles custos que non son precisos, de cara a conseguir a maior eficiencia para dar servizos de calidade ao cidadán. Esto implica dispoñer dun sistema de xestión que informe do consumo de recursos, dos procesos e dos diferentes proxectos que se están a realizar. Pero non só recursos, temos a obriga de coñecer de primeira man o gasto corrente e tratar de diminuír aquelas partidas susceptibles deso, é momento de desbotar todo gasto superfluo para centrar os esforzos naquelo que realmente debe preocuparnos, mellorar a eficacia e a eficiencia do gasto público. Unha administración avanzada, eficiente, áxil e que faga fronte aos problemas dos cidadáns debe ser o obxectivo prioritario.

O Sector Público, e con el a administración local, ten a obriga de transformarse e adaptarse ás necesidades cambiantes dos cidadáns, das asociacións, do tecido empresarial, etc.  Pero tamén ten a obriga do control pormenorizado de proxectos e traballos. Non poden darse casos como o da Biblioteca de A Piringalla que tras varias licitacións veu incrementado o seu custe sen que este se vise reflectido en melloras substanciais desta infraestrutura. Pero non só estas instalacións mostran a desidia desta administración local, casos como a Fábrica da Luz, o Garañón, o parque solar de O Ceao, o MIHL… son mostras de gastos descontrolados sen retorno para os cidadáns, ou cando menos, cun retorno moi inferior ao esperado. Actuacións que requiren dunha análise polo miúdo para evitar o descontrol de gastos ao que nos teñen habituados.

O control do gasto non pasa mentres pola reducción de custes, pasa por darlle utilidade ás inversións realizadas, de xeito que teñan un retorno á sociedade e teñan utilidade para a veciñanza e pasa por poñer en funcionamento sistemas alternativos que permitan a redución dos consumos, por exemplo, aquelas medidas destinadas a acadar a independencia enerxética. Nestes intres o custo da electricidade acumula cifras récord e debe ser un compromiso do equipo de goberno a procura de vías alternativas que freen a escalada dos importes das facturas do subministro eléctrico. Para elo debe levar a cabo un profundo estudo dos consumos eléctricos das distintas instalacións e edificios municipais, de cara a perseguir a maior eficiencia enerxética posible, algo moi importante dende o punto de vista da sostenibilidade e do medio ambiente, pero tamén no tocante á economía municipal. Outro dos asuntos a estudar é buscar as opcións máis baratas e competitivas á hora do subministro das distintas enerxías das que depende o Concello, levando a cabo licitacións que permitan obter as mellores e máis transparentes ofertas.

Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular, que subscribe esta proposición, considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:

  • Elaborar un análise pormenorizado do gasto corrente no que incorren todas e cada unha das dependencias e instalacións municipais, facendo un estudo daqueles prescindibles co obxectivo de optimizar recursos e acadar unha prestación de servizos completa e de calidade.
  • Elaborar un estudo dos consumos e eficiencia enerxética dos distintos edificios e instalacións municipais, de cara a reducir ao máximo a dependencia enerxética, así como para apostar pola sostenibilidade dun xeito real. Levar a cabo a tramitacións oportunas para agrupar e para lograr licitar o subministro das distintas fonte de enerxía das que depende o Concello, nos prezos máis competitivos

Responder

18 − cuatro =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies