Turismo

El PP lamenta que el desprecio del bigoberno a FITUR donde Lugo repetirá stand “con los mismos folletos de años anteriores”

By 2 mayo, 2021No Comments

La concejal popular Beatriz Vázquez critica que PSOE y BNG “desaprovechen el escaparate de Fitur para vender los atractivos turísticos de Lugo” indicando que “la única novedad, con respecto a 2019, en el stand del municipio será un vídeo promocional sobre la campaña de km100”

Os populares lamentan que o bigoberno desaproveite a oportunidade que lle brinda este mes a Feira Internacional de Turismo para “vender o municipio de Lugo como destino de  turismo post covid”. “Tal e como nos confirmaron na última Comisión de Cultura  acudirán a esta feira internacional para cubrir o expediente cun planazo repetitivo e pouco creativo” manifestou a concelleira Beatriz Vázquez.

A popular indicou que “se queren atraer turistas non van por bo camiño”. Lamentamos que “non vexan o potencial do turismo local que neste momento está chamado a desenvolver, a curto prazo, un papel clave na recuperación turística xa que pode ofertar experiencias únicas con grupos reducidos”.

A edil do PP indicou que “no PP pensamos que o bigoberno ten pouca ambición en promocionar o turismo e convertelo en motor económico da cidade e proba delo é a partida de 250.000 € reservados para a promoción da imaxe da alcaldesa para 2021 que  triplica á que se destina á promoción turística da cidade (78.000 €).  Beatriz Vázquez explica que tendo en conta este ridículo orzamento para o 2021 (ano Xacobeo) se pode afirma que “o bigoberno carece dunha política turística de nivel que consiga xerar emprego e dinamizar a actividade económica do municipio entorno ao Camiño Primitivo e os outros patrimonios da Cidade como son Muralla e a Catedral”.

A concelleira popular tamén lembrou “o voto negativo de PSOE e BNG para presentar a candidatura para o 2022 da Capitalidade Española da Gastronomía pese aos apoios que conseguiu o PP de máis de medio cento de entidades lucenses”. “Eso se chama miopía política e poucas gañas de traballar”. “O mesmo sucede coa cancelación da aplicación para móviles e tablets da aplicación de Lugo Turismo ou a desactualización de algunhas reseñas de turismo en RR.SS e webs municipais”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies