InfraestructurasZona Rural

El PP lamenta que el bigoberno no arregle el campo de fútbol de Nadela que se emplea como pasto para caballos

By 14 agosto, 2022No Comments

Los concejales populares se acercaron hasta esta instalación municipal tras recibir varias quejas de vecinos de la zona lamentando que el abandono de este campo de fútbol mientras se permite que se emplee como pasto para animales

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular preguntan ao goberno local que ten pensado facer co campo de fútbol municipal de Nadela, xa que hai moitos lucenses interesados en poder aproveitar esta instalación deportiva, pero que ven como non poden facelo polo abandono da mesma.

Os concelleiros populares lamentan que se chegase a esta situación, quedando esta instalación deportiva para o pasto de cabalos, algo que denuncian os veciños da zona e que comprobaron os populares ao ver como no campo “hai feces de cabalo e tamén un camiño circular arredor do campo que ten pinta de ser un circuíto para que corran os equinos”.

Unha situación que molesta, e moito, aos veciños e posibles usuarios desta instalación que ven como segue abandonada mentres uns poucos a empregan ao seu antollo e sen que o goberno de Lara Méndez faga algo por recuperar unha instalación deportiva que, no caso de estar en boas condicións, podería poñerse a disposicións de todos os clubs deportivos da cidade e dos usuarios a título particular.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies