LimpezaMedio AmbienteUrbanismo

El PP lamenta que la desidia de Álvaro Santos provoque un riesgo serio para la salud de los lucenses

By 28 octubre, 2019octubre 30th, 2019No Comments

Desde el Grupo Municipal del Partido Popular explican que el concejal socialista sigue teniendo paralizada la limpieza de estas hincas a pesar de que hay un informe municipal que alerta de la situación de riesgo sanitario que se genera debido la gran cantidad de vegetación que se acumula en estas parcelas

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo denuncia a desidia do concelleiro de Medio Ambiente, Álvaro Santos, algo que pode provocar riscos na saúde dos lucenses, tal e como ocorre cun veciño do barrio Feijoo, que leva anos denunciando o estado de varias fincas anexas a súa vivenda, o que agora xa se converteu nun serio foco de infeccións.

Os populares sinalan que a pesar das constantes e reiteradas queixas realizadas por este lucense, ás que se uniu o Grupo Municipal Popular hai varios meses para intentar solucionar a situación, non surtiron ningún efecto, polo que agora a situación para este cidadán “é desesperada” xa que debido á altura que ten a maleza están a entrar ratas na súa vivenda.

Neste senso, dende o Grupo Popular constatouse que Álvaro Santos segue a desoír as reclamacións deste lucense, pero agora a situación é máis grave, xa que é a enésima queixa deste veciño e agora dende o departamento de Servizos Xerais se remitiu ao departamento de Álvaro Santos xa que se trata dun problema sanitario, non só de limpeza dun solar, polo que se esixe unha intervención inmediata, “actuacións que o concelleiro socialista segue a negar”.

Os populares esixen ao goberno local que se tome en serio este tipo de situacións “para non ter que chegar a estes extremos” e que de inmediato proceda á limpeza e a desratización destas parcelas para evitar calquer risco para a saúde dos veciños.

No Grupo Popular recordan que este veciño leva presentando reclamacións ante o Concello de Lugo dende o ano 2013 para solicitar que o goberno local cumpra coa lei de prevención de incendios, xa que a maleza que invade por completo as fincas que hai trala súa vivenda forman a parte interior dun patio de mazá, o que, en caso de incendio, provocaría un perigo enorme para todas as vivendas, ademais de converterse xa “nun foco potencialmente perigoso dende o punto de vista sanitario”.

Os primeiros escritos presentados por este lucense datan de agosto de 2013, que tiveron réplicas en 2015, 2017 e 2019, obtendo sempre un “silencio demoledor” por resposta, mentres a maleza seguía a medrar e a invadir a parte traseira da súa vivenda.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies