EconomíaInfraestructurasMedio Ambiente

El PP invita a Méndez y Arroxo a defender los intereses de los lucenses ante lo ninguneo constante de Sánchez

By 14 mayo, 2021No Comments

El portavoz del Grupo Municipal del PP Ramón Carballo presentó un decálogo de agravios del gobierno de España con el municipio respaldado por diputados, senadores, Presidenta Provincial y otros cargos orgánicos exigiendo un pronunciamiento público del bigoberno para el próximo pleno

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ramón Carballo, lamenta que Lugo sexa un dos principais concellos esquecidos por Pedro Sánchez, municipio ao que “ningunea” ano tras ano ao negarlle, retrasarlle ou bloquearlle infraestruturas e servizos que todos os lucenses “necesitamos”.

Deste xeito resumía o voceiro do Grupo Municipal do Concello de Lugo o decálogo de agravios que presentou acompañado por deputados nacionais, senadores, voceiro da Deputación e Presidenta Provincial. O lugar que escolleu o Partido Popular para visualizar os “debes do goberno do estado con Lugo foi ao pé da vella comisaría da policía nacional, unhas dependencias que están obsoletas e se quedaron anticuadas hai anos”.

Ramón Carballo afirma que o desenvolvemento das infraestruturas é imprescindible para vertebrar Lugo sobre todo, tendo en conta que, en comparación co resto das capitais de provincia galegas é unha das peores conectadas. Todo iso, como consecuencia da perda progresiva do peso nas decisións do Goberno de España, para quen as necesidades dos lucenses semella que deixaron de ser prioritarias.

De feito, o Executivo que preside Pedro Sánchez aprobou uns orzamentos xerais do Estado para 2021 con importantes recortes para o municipio que tiveron a súa tradución, por exemplo, na ausencia de recursos para investimentos en autovías con proxectos en fase de elaboración ou xa rematados e, de xeito moi destacado, no ámbito das infraestruturas ferroviarias que permitirían a chegada da alta velocidade.

Lugo nin pode, nin merece agardar máis por uns investimentos que xa deberían de estar en execución ou rematados tralo pulo do Goberno Popular, coa redacción dos proxectos e a súa dotación orzamentaria, e que foron paralizados ou retrasados polo Goberno de Sánchez.

Ante esta situación, o Grupo Municipal Popular presentará unha iniciativa ante o pleno para instar ao Goberno do Estado a poñer en marcha os mecanismos necesarios para resarcir aos lucenses do maltrato ao que Pedro Sánchez os ten sometidos.

1.- Poñer en marcha as actuacións necesarias para:

Dar un decidido impulso ás melloras na liña ferroviaria entre Lugo e Ourense, licitando e adxudicando as actuacións pendentes, avanzando na tramitación administrativa dos proxectos que fagan posible a chegada da alta velocidade ferroviaria a Lugo e concretando, para cada un das obras pendentes, un cronograma crible e o orzamento comprometido para a súa posta en servizo.

Manter, como infraestruturas irrenunciables, todas as variantes ferroviarias previstas da liña Lugo-Ourense, en particular, a dos Peares-Canabal e Rubián-Bóveda, có fin de que a provincia lucense non quede sen alta velocidade.

Urxir a convocatoria da Comisión de Seguimento da estación intermodal coa finalidade de que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana concrete, tanto os prazos de execución, como os orzamentos consignados para continuar co avance de todas as actuacións que lle corresponde executar na estación intermodal de Lugo (terminal ferroviaria)

Axilizar as obras pendentes na autovía A-54, entre Lugo e Santiago, co obxecto de que poida entrar en servizo por completo durante o Xacobeo 2021-2022.

Axilizar os proxectos técnicos pendentes na autovía A-56, entre Lugo e Ourense, incluído o intercambiador de Guntín, que unirá a A-54 coa N-540.

Executar o desdobramento e iluminación da Ronda Norte, así como garantir o funcionamento da iluminación nas autovías de acceso á cidade de Lugo.

Executar unha nova glorieta na confluencia da Avenida Afonso X coa  N-VI, á altura do punto quilométrico 498,800, dentro do proxecto da nova ponte sobre o río coa cidade.

Proxectar e construir uns enlaces de acceso a cidade dende a Ponte Branca en en ambos sentidos de N-VI.

Sufragar con cargo ao Programa de Camiños Naturais os fondos para executar o treito do Camiño de San Rosendo ao seu paso por Lugo.

Recuperar os tres caneiros do Miño, coñecidos como o de Lulú, Carlos e da Tolda, en colaboración coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

2.- No ámbito do reforzo da seguridade sería imprescindible a construción dunha nova comisaría provincial en Lugo, co correspondente aumento dos medios humanos e materias e, en todo caso, recuperar as salas do 091 da Policía Nacional.

3.- Cumprir a lei e facer efectivo o pago, en concepto de compensación pola non inclusión dunha mensualidade de recadación do IVE na liquidación dos recursos do sistema de financiamento de 2017, que debe ás entidades locais, entre elas ao Concello de Lugo.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies