Limpeza

El PP insta al gobierno local a realizar la limpieza urgente de Lamas de Prado ante las quejas vecinales

By 10 diciembre, 2020No Comments

Los concejales del Grupo Municipal del Partido Popular visitaron la zona después de recibir la llamada de los vecinos de la zona, cansados de denunciar la situación ante el Ayuntamiento de Lugo y ver como el gobierno local no da una respuesta sus legítimas reivindicaciones

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo fanse eco das queixas dos veciños da rúa Lamas de Prado, que lamentan a falta de limpeza que sofren e que se fai visible nas zonas onde hai bancos para descansar, cheos de suciedade, verdín, musgo e lixo.

Os concelleiros populares achegáronse ata a zona despois de recibir a chamada dos veciños pedindo solucións para esta rúa, xa que están cansos de denunciar a situación ante o Concello de Lugo, sen que lles dean unha solución. Os veciños están cansos de ver como a suciedade segue a ser a protagonista, sen que se poña remedio, a pesar de que aseguran “chegaron a pedirllo persoalmente aos traballadores do servizo municipal de limpeza”.

O certo é que na visita que os populares realizaron cos veciños de Lamas de Prado si que se comprobou como na rúa e nos bancos a suciedade era a protagonista xunto co lixo. Incluso, puido comprobarse a diferencia de cor entre as baldosas que hai a pé dalgún negocio, xa que os propietarios dos mesmos se encargan de limpalas, mentres que as restantes teñen unha cor escura, propiciada pola suciedade, e a falla de valdeos e limpeza con auga a presión durante meses ou anos.

Dende o Grupo Municipal do Partido Popular anúnciase que se presentará un rogo para instar a o Concello de Lugo a mellorar o aseo urbano desta zona para dar resposta ás lexítimas reivindicacións veciñais e así calmar o malestar existente entre os veciños.

Responder

siete − uno =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies