Urbanismo

El PP exige que el Ayuntamiento le reclame a Besteiro el pago íntegro de la licencia de las obras de su vivienda

By 23 julio, 2015febrero 2nd, 2016No Comments

Castiñeira insta al gobierno municipal a abrir un expediente para que Gómez Besteiro abone el importe total de la licencia por las obras de su vivienda después de que hubiese reconocido en su recurso un sobrecoste de las mismas, según publicaron los medios

O voceiro popular Jaime Castiñeira esixiu esta mañá en rolda de prensa que o Concello de Lugo lle reclame a Gómez Besteiro o pagamento íntegro da licenza das obras da súa vivenda.

Nesa liña, o popular instou ao goberno municipal a abrir un expediente para que o secretario xeral do PSdeG abone o importe total da licenza en cuestión, logo de que no seu recurso Gómez Besteiro recoñecese un sobrecuste das obras da vivenda, segundo publicaron diversos medios de comunicación.

Deste xeito, Jaime Castiñeira explicou que mentres que o que debería ingresar ás arcas municipais eran 2.088 euros (o 4% do valor final da reforma, cifrada en 52.200 euros) “en principio o único que se abonou foron os 385 euros correspondentes aos 9.658 euros que constituían o valor de partida das obras”. “Polo tanto, o que debe facer o goberno municipal é reclamarlle ao ex presidente da Deputación de Lugo que pague esta diferenza de 1.703 euros, cos intereses de demora correspondentes”, detallou Jaime Castiñeira, quen tamén subliñou que “tendo en conta que unha das xustificacións que deu o señor Besteiro para non ter pagado as obras, segundo publicaron os medios, foi precisamente o sobrecuste que tiveron respecto da previsión inicial, polo que o lóxico é pensar que o Concello non puido ter ingresado o custe real da licenza”.

Ao mesmo tempo, o popular asegurou que “na súa etapa de edil de Urbanismo, Gómez Besteiro ten asinado a numerosos lucenses liquidacións complementarias, neste caso nin sequera se lle pode conceder o beneficio da dúbida a este respecto, dado que é coñecedor do proceso á perfección”.  “Polo tanto, o que pedimos é que o señor Besteiro teña o mesmo trato que o resto dos veciños, nin mellor nin peor”, indicou Jaime Castiñeira, ao tempo que expuxo que “mentres que se lle abre un expediente a un particular por levantar un peche 10 centímetros máis do permitido ou por un cambio de cor nunha carpintería, coas sancións correspondentes, a Besteiro fáiselle a vista gorda”.

Acceso ao expediente de concesión de licenza.-

Por outra banda, o voceiro popular tamén anunciou que pedirán acceso ao expediente de concesión da licenza das obras de reforma da vivenda para coñecer para que tipo de intervención se pediu autorización. “E a partir de aí poderase saber se o Concello fixo a comprobación oportuna de que as obras realizadas se axustan ao solicitado e, de non ser o caso, como todo parece indicar, se era necesario proxecto e se cumpriu todas as normativas de aplicación”, aclarou o popular.

Por último, Jaime Castiñeira reclamou ao goberno municipal que aclare se se lle abriu a Gómez Besteiro algún expediente sancionador en disciplina urbanística.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies