Urbanismo

El PP exige que en la obra de arreglo de la Calzada da Ponte también se arreglen las calles adyacentes

By 29 enero, 2023No Comments

Los vecinos de la Calzada da Ponte lamentan que no se tengan en cuenta sus peticiones para arreglar la vía que la conecta con la N-VI (la que va por detrás del hostal), abierta a la circulación de vehículos y que está en tierra y llena de baches

Hai un ano, en xaneiro de 2022, os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular pedían ao goberno local que, no arranxo da Calzada da Ponte, tivesen en conta toda a súa extensión para non deixar ningún acceso sen arranxar.

A realidade é que, un ano despois desta petición, os veciños dun dos accesos, o que vai cara a N-VI, lamentan que no desenvolvemento das obras non se teñen en conta as súas peticións nin a realidade da zona chegando a ter problemas para saír das súas vivendas polos problemas xerados polos traballos.

Antonio Ameijide insiste en que é necesario que as obras de arranxo do paso soterrado baixo a N-VI e a peonalización da Calzada da Ponte vaian da man, algo que non é así, polo que entre os dous traballos hai rúas que non se recollen en ningún dos plans de obras polo que non se amañarán.

Os veciños do grupo de vivendas que hai tralo hostal insisten na necesidade de arranxar esa vía, aberta á circulación de vehículos e que está en terra e chea de fochancas. “Co tempo das últimas semanas e as obras dos últimos meses, o estado é peor que nunca”, lamentou.

Neste punto tamén é necesario dar unha solución definitiva para un pozo de augas fecais que verte residuos ao exterior con regularidade, algo que se pode ver cunha simple ollada xa que o entorno está cuberto de desfeitos procedentes destas augas fecais. “Non só é insalubre, senón que entraña un risco real de caída para as persoas” concluíu.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies