EconomíaMedio Ambiente

El PP exige a Lara Méndez contundencia con Gestagua por los despidos y expedientes a trabajadores

By 8 junio, 2017junio 13th, 2017No Comments

El portavoz del Grupo Municipal do PP Jaime Castiñeira considera “indignante” que los socialistas permitan que “la multinacional tome represalias contra los trabajadores de la Depuradora a los pocos días de que el Grupo Municipal se desvelase que, en sus instalaciones, se realizaban análisis de agua, a coste cero, de otros Concellos gallegos”

O Grupo Municipal do Partido Popular esixe ao goberno socialista que tome medidas, de forma urxente, para zanxar a situación irregular da prestación dos servizos da Depuradora e a Potabilizadora que levan anos sen contrato.

O voceiro popular Jaime Castiñeira explicou que a falta de xestión e a permisividade dos socialistas coa multinacional Gestagua “favorece para que a empresa privada leve a cabo prácticas propias dunha política represiva co obxecto de amedrentar aos traballadores e silenciar á oposición”. O voceiro do PP fixo estas declaracións tras coñecerse que a multinacional vén de despedir a un traballador, e abrirlle expediente a outros tres operarios. Esta nova prodúcese días despois de que o Grupo Popular desvelase que se estaban a utilizar as dependencias municipais do laboratorio da EDAR para realizar análisis de auga doutros Concellos galegos a custe cero e que, arestora, a propia empresa confirma.

Os populares aportaron documentación gráfica que acreditaba que se estaban analizando, nestas dependencias municipais de Lugo,  mostras de auga que procedentes de 4 Depuradoras de Carballo  (A Cepeira, Baldaio, Novi e Razo).  Castiñeira tamén lembrou que presentaron unha batería de preguntas, o pasado 16 de maio, para coñecer se o equipo de goberno tiña coñecemento de que se levaban a cabo estas análisis, das medidas que ten previsto adoptar o goberno; información sobre o persoal e as súas funcións; desgloses dos custes das analíticas …

Dado a repercusión da denuncia feita polo Grupo Popular esta mañá os populares solicitaron a convocatoria urxente da xunta de voceiros “é cada vez máis difícil confiar nun goberno que permite prestar un servicio sen contrato e que fai a vista gorda á política de represalía que a multinacional impón aos traballadores”. Seguimos pensando que utilizar, a cambio de nada, instalacións, materiais, equipos e persoal pagado polos lucenses para un servizo que Gestagua realiza e factura a outros concellos galegos cos que ten contrato é unha práctica moi grave”.

 O popular lembrou que Gestagua  xestiona o ciclo completo da auga con contrato caducado: A depuradora non ten vinculación contractual dende o 24 de novembro de 2011 e a potabilizadora dende febreiro de 2011, dende que venceron os contratos se acumulan pagos con reparos de legalidade que superan os 18 millóns de euros. Dende o Grupo Popular insistiron en que se  se licitasen os contratos, en tempo e forma, se poderían aforrar preto de 4 M€  aplicando o 20% das baixas.

O popular manifestou que é “pouco creíble que os socialistas vendan cláusulas sociais nos contratos  ou emprego de calidade con actos como os que celebran hoxe no MIHL cando, por outro lado, permiten represalias contra traballadores”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies