Zona Rural

El PP exige al gobierno local el arreglo inmediato de una fuga de aguas fecales en la LU-P-3907 en Pías

By 9 enero, 2023No Comments

Los populares señalan que no se trata de la primera vez que tiene lugar este vertido de fecales en Pías, hubo otro hay menos de un mes, por lo que instan al gobierno municipal a dar una solución definitiva la este problema

Os veciños de Pías seguen a lamentar un vertido de augas fecais que se produce cada pouco tempo na parroquia, na LU-P-3907 que une esta parroquia co Polígono de O Ceao, unha vertedura de augas sucias que, en ocasións, entran en vivendas e fincas particulares nas que pastan animais, chegando no peor dos casos a contaminar o Rego do Piñeiro, regato que atravesa a parroquia.

Os concelleiros populares sinalan que esta situación prodúcese debido a que se dana a bomba que hai para bombear as augas fecais, polo que se estancan e acaban por saír á estrada. No exterior percorren as cunetas, entrando en vivendas e fincas particulares, ata chegar ao regato da parroquia.

Ante esta situación de “evidente risco sanitario” os populares piden que se realicen os traballos necesarios para dar unha solución a este problema que se repite en Pías periodicamente, tendo o penúltimo episodio hai menos dun mes.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies