Infraestructuras

El PP exige al Concello que arregle una rotura en la red de abastecimiento en Alexandre Bóveda

By 15 octubre, 2022No Comments

Óscar Poy explica que a varios de los afectados se les explicó desde el Ayuntamiento de Lugo que la reparación no se realizará hasta el próximo año porque no hay dinero destinado a ello, por lo que mientras tanto se les dio servicio a través de una manguera que rodea el edificio

Dende o Grupo Municipal do Partido Popular pregunta ao goberno local que escusa é esa de “non hai cartos para arranxar unha avaría”. Así llo dixeron dende o goberno local aos veciños da rúa Alexandre Bóveda afectados por unha rotura na rede de abastecemento.

Óscar Poy interesouse por esta situación e comprobou como a solución dada polo goberno local foi tirar unha mangueira arredor do edificio para conectar a traída a esta comunidade de veciños e dar continudade á rede municipal. “É imposible entender como hai cartos para cousas sorprendentes neste Concello, como crear hortos urbanos cando en Lugo non hai demanda, pero que logo digan que non os hai para algo básico como é arranxar unha avaría no abastecemento de auga potable”, lamentou.

Explica o concelleiro popular que, tras revisar a solución dada polo Concello e falar con varios dos afectados, o goberno local decidiu realizar unha especie de bypass cunha tubaria rodeando un edificio e deixando varios parches na rúa. “Entendemos que esto fose unha solución temporal para non deixar aos veciños sen servizo mentres arranxan a rotura, pero non é de recibo que os deixen así durante meses, mentres noutras zonas da cidade si que solucionan as roturas”, explicou, ao que engadiu que “pode entenderse que durante as festas do barrio de Paradai se dese esta solución temporal pero agora cómpre arranxar o problema”.

Neste senso, Óscar Poy sinala que dende o Grupo Popular se defenderá un rogo para que o goberno local arranxe de inmediato esta rotura na rede de abastecemento en Alexandre Bóveda.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies