Transporte Urbano

El PP esixe a Rubén Arroxo que cumpla su palabra y convoque de inmediato la mesa de transporte para buscar soluciones a los problemas del bus urbano

By 5 julio, 2021No Comments

Antonio Ameijide, urge a Rubén Arroxo a cumplir su palabra y a convocar de inmediato la mesa de transporte para poder abordar los cambios que son necesarios acometer para mejorar el transporte urbano del municipio, que suscitó numerosas quejas entre los lucenses tras  su puesta en funcionamiento.

Antonio Ameijide explica que nesta xuntanza poremos sobre a mesa todas as eivas detectadas, nas ducias de reunións mantidas con veciños para poder buscar as solucións máis axeitadas para dar resposta ás queixas dos lucenses, xa que así “poderemos fomentar dun xeito eficaz que os cidadáns se suban ao bus”.

Neste senso, o vicevoceiro popular recorda as súas palabras durante o pleno do pasado xoves, nas que aseguraba que no Grupo Popular estamos abertos á negociación e a estudar todas as posibilidades para acadar as mellores opcións. “Seguimos defendendo as medidas sociais, como a gratuidade para menores 18 e parados e tamén entendemos que se estuden outras opcións para bonificar os pagos en función da renda”, sinala.

Outra dos puntos clave que defenderán os populares na mesa de transporte son os transbordos gratuítos, “un punto fundamental para incentivar que a xente suba ao bus para ir a calquera punto da cidade”.

A entrada en vigor das novas liñas de transporte urbano o pasado 1 de xuño xerou numerosas queixas entre a cidadanía xa que agora ven os lucenses como desprazamentos que antes podían facer no bus urbano agora son imposibles ou encareceron o seu custo xa que é preciso coller varios autobuses, polo que “tamén vemos fundamental a creación dunha APP móbil para planificar rutas e poder ver en tempo real onde se atopan os autobuses”.

Dentro do documento de traballo do PP atopamos varios exemplos de posibles cambios:

 A liña 5 é un dos traxectos que máis queixas está a acumular por parte dos lucenses.

Esta liña está a acumular atrasos dende o primeiro día, nalgún momento de preto de 60 minutos, case unha volta completa. Estudando a súa frecuencia de paso e o número de paradas que ten que realizar cremos que debería de estudarse a posibilidade de reformular o percorrido acurtando o número de paradas, para poder cumprir cos horarios.

Facemos esta proposta xa que as liñas número 1 (1.1, 1.2, 1.3 e 1.4) teñen unha frecuencia de paso de 90 minutos e contan con 82 paradas as tres primeiras e 80 a número 4, mentres que a liña 5, cunha frecuencia de paso de 60 minutos ten que realizar 71 paradas.

Se estes datos tamén se comparan coa seguinte liña máis saturada de paradas, cunha frecuencia de paso de 60 minutos, vemos que ten 57 paradas (as liñas 2 e 3). Estes datos amosan as claras que a saturación de paradas é un dos principais causantes dos atrasos que acumula a liña 5, polo que sería necesario estudar unha reformulación do percorrido.

Por outra banda, son moitos os veciños que amosan o seu malestar porque agora non teñen a man unha liña de bus que os leve ao cemiterio. Antes a liña 2 unía a zona norte co cemiterio, mentres que agora hai unha liña cun percorrido máis curto que une A Ponte con Ramón Ferreiro.

Por este motivo, proporemos que se estude a posibilidade de que a liña 10 poida realizar unha volta completa á Ronda da Muralla antes de emprender camiño de novo ao cemiterio, para que os veciños afectados poidan coller este bus na Ronda.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies