Cultura

El PP dice que el nuevo Auditorio de Magoi, que costó 25 M€, languidece entre la maleza sin futuro a corto plazo

By 23 mayo, 2022No Comments

Los populares, coincidiendo con el día en el que se cumplen 23 meses desde que la alcaldesa recibió las llaves del edificio y por lo tanto es propietaria del inmueble, volvieron hoy a poner en evidencia a situación de abandono en la que se encuentra el edificio que lleva “casi dos años rodeado de maleza como si fuera un descampado”

Os populares protagonizaron hoxe un novo acto reinvidicativo para “sacarlle as cores á alcaldesa de Lugo e ao seu vicealcalde” e recordarlles que o 23 de xuño de 2020, hai xusto hoxe un ano e 11 meses, recibiron as chaves do novo auditorio de Magoi “un edificio vangardista no que a Xunta investiu 25M€ e que, pola súa incapacidade ou pola súa falta de interese segue hoxe pechado”.

Os populares lamentan que “unha vez máis a novidade sexa que non hai novidades para axilizar a posta en marcha desta infraestructura”. “Esta afirmación non é unha suposición do PP senón que o confirmou o propio  goberno municipal na comisión do pasado venres onde a preguntas do PP recoñeceron que ainda están cos pregos de condicións para sacar a licitación as obras que precisa o inmoble para a súa posta en marcha”.

Os populares cada vez están máis preocupados polo estado no que o bigoberno ten esta infraestructura “que tanto reclamaron, como defensores da cultura e de espacios dignos para Lugo, e que agora que o teñen nas súas mans o deixan abandonado”.

Dende o PP invitan aos veciños de Lugo a que “vexan cos seus propios ollos o entorno no que languidece este edificio con maleza rodeándoo coma se se tratase dun descampado”. Os populares tamén lamentan a deixación de funcións do bigoberno xa que “despois de oito meses seguen sen arranxar o panel de cristal que rachou deste edificio.

Outra cuestión na que o PP insiste e en que se retire o valado metálico que está moi deteriorado provocando un aspecto de abandono e de suciedade. A esta petición, na comisión celebrada o pasado venres, nos contestaron que “tiña unha finalidade disuasoria e que o deixaban para aproveitalo cando se fixesen as futuras obras”.

Dende o PP cremos que “son excusas sen sentido” xa que “na práctica este peche perimetral non serve para nada dado que os veciños do barrio, á vista de que non hai nin un só cartel de prohibido a entrada, e como hai un acceso aberto pola Avenida de Magoi utilizan, de forma habitual, este espazo público como zona de esparcimento”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies