Zona Rural

El PP desvela que el servicio de animación de las escuelas rurales ofertará 2.000 horas menos que antes de la pandemia

By 3 noviembre, 2022No Comments

Rafael Pérez acusa de “electoralista la medida de Lara Méndez de recuperar a 7 meses de las elecciones municipales las actividades de ocio en los centros de dinamización del rural”

O edil do PP, Rafael Pérez, lamenta a rebaixa que se fixo no programa actividades nos centros de dinamización das parroquias do municipio lucense. “Hai unha clara diminución das horas de servizo”, explica tras comprobar como en 2018 contemplaban 118 horas de actividades á semana nestes sete centros mentros que agora so programan 81 horas.

Rafael Pérez estudiou os pregos de licitación dos contratos (2018 e 2022) e aporta as principais características das licitacións: en 2018 no contrato había a maiores unha bolsa de 10 horas extra por lote fóra do horario mínimo, deixando o total de horas de actividade en 6.024, mentres que no contrato que acaban de asinar contémplase unha bolsa de 70 horas a maiores, deixando o total de horas de actividade en 4.282.

O concelleiro popular Rafael Pérez explica que o Concello de Lugo ten 36 edificios municipais no rural cualificados como ‘antigas escolas’, ‘centros de dinamización’ ou ‘local asociación veciñal’ dedicadas a actividades veciñais, segundo consta no listado xeral de construccións do Concello de Lugo. No anuncio que fixeron de que recuperan as actividades contratadas figuran que se desenvolverán en 7 centros: San Xoán do Campo, Calde, Coeses, Saa, Santa María de bóveda, Santa Comba e Rubiás. O popular pregúntase cal é o criterio para seleccionar en que escolas hai este servizo de ocio.

Sinala Rafael Pérez que “é unha boa nova e é de xustiza que se recupera a actividades nos centros de dinamización das parroquias”, pero denuncia que “semella un acto totalmente electoralista despois de ter estas dotacións pechadas dende a pandemia”.

Segundo o propio goberno local, a área de Benestar recupera a actividade en centros cívicos do rural, tal e como se aprobou na xunta de goberno de 14 de setembro de 2022, na que adxudicaban á empresa ‘Combina Social’ o servizo de atención en varias parroquias por 61.133€ por un ano, con posibilidade de prorrogalo dous anos máis.

Recorda o concelleiro popular que tamén en xunta de goberno, o 16 de maio de 2018, se adxudicaba o servizo nestes mesmos centros á mesma empresa. A excepción era que en Santa María de Bóveda a actividade adxudicábase á empresa ‘A Billarda’.

 

Santa María de Bóveda

Na parroquia de   Santa María de Bóveda hai moitos meses que os veciños non poden entrar “nin para realizar unha simple xuntanza veciñal” xa que o goberno local tena pechada. O edil do PP Rafael Pérez presentará un rogo para que se atenda á petición veciñal e se abra o local para uso veciñal.

Mentres se valora esta petición os populares piden ao concello que se apaguen a luz que leva meses acendida as 24 horas do día.  Os populares din que a veciñanza sospeita que deixan a bombilla accesa “para ter horas de consumo eléctrico e así tentar xustificar que se realizan actividades a pesar de que leva meses pechada”, pregunta o popular.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies