Infraestructuras

El PP desvela que Lara Méndez desestimó la reclamación de un lucense que sufrió daños en su coche tras chocar con una de las rampas del carril bici

By 6 marzo, 2023No Comments

Antonio Ameijide explica que un lucense sufrió daños en una rueda de su vehículo ocasionados al chocar con la rampa metálica de bajada de la plataforma instalada en el carril bici en la calle Orquídea

Son moitas as voces que se postularon en contra do trazado do carril bici que Lara Méndez impuxo en Lugo e que causou un dano enorme a moitos barrios, principalmente o da Residencia, onde destruíu centos de prazas de estacionamento.

Un trazado sobre o que dende o Grupo Municipal Popular alertamos en numerosas ocasións da súa perigosidade, sen que Lara Méndez quixese atender nin unha das reivindicacións realizadas. E o certo é que hai uns días que o goberno de Lara Méndez vén de desestimar unha reclamación presentada por un lucense que sufriu danos no seu vehículo tras un accidente cun elemento propio do carril bici.

Este lucense sufriu danos nunha roda do seu coche o 18 de febreiro de 2022 tras bater coa rampla metálica de baixada da plataforma ubicada no carril bici na Rúa Orquídea. Unha reclamación que Lara Méndez desestimou, seguramente, “porque sabe dos perigos que ten o trazado do carril bici e que, se acepta a reclamación, chegarían moitas outras a continuación”.

Antonio Ameijide explica que dende o goberno local puxeron numerosas trabas para que este lucense que sufriu danos no seu vehículo puidese ver como o Concello de Lugo o resarcía por un accidente que se puido evitar se Lara Méndez tivese a ben escoitar as advertencias realizadas polo PP e numerosos veciños de Lugo. Entre as trabas postas están a esixencia de xustificar a relación de causalidade entre o dano e o funcionamento do servizo público ou a petición dun número de conta corrente no que, se ingresaría a indemnización, se o goberno de Lara Méndez estimase a reclamación.

Ameijide insiste en sinalar que “no PP estamos a favor dos carrís bici, pero estamos en contra do trazado do carril bici de Lara Méndez”, unha obra na que a rexedora “nin se atreveu a sacar unha foto” sabedora de que “cometeu un gran erro”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies