Urbanismo

El PP denuncia un agujero de grandes dimensiones genera problemas a los vecinos de Fermín Rivera dede hace varias semanas

By 12 diciembre, 2020diciembre 14th, 2020No Comments

El concejal del Grupo Municipal del PP Manuel López explica que los vecinos de Fermín Rivera llevan varias semanas sufriendo las molestias de varias actuaciones realizadas en la zona sin que el gobierno local ponga una solución definitiva, únicamente parches que se convirtieron en un agujero de grandes dimensiones que provoca molestias a vecinos y conductores ya que impide el paso de dos vehículos @ao mesmo tempo

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Manuel López, denuncia que desde hai varias semanas os veciños de Fermín Rivera teñen que convivir cos problemas ocasionados por un burato de grandes dimensións que o goberno local non repara e que dificulta “gravemente” a circulación.

Manuel López sinala que os veciños xa están fartos de ter que sufrir cada pouco tempo unha situación así (é unha zona na que habitualmente aparecen socavóns de grandes dimensións que o Concello de Lugo repara con moita demora) polo que urxen unha solución axeitada, en lugar de encher o burato de area algo que o único que xera son problemas. “O goberno local debería de tomar en serio este asunto e asfaltar definitivamente este burato, xa que nin sequera colocaron algún tipo de sinalización provisional para avisar do perigo para a circulación”, explicou.

O concelleiro popular asegura que o goberno local tivo tempo “máis que suficiente” para reparar o firme e que a circulación recupere a normalidade, xa que debido ao estado que presenta non poden pasar dous coches ao mesmo tempo, provocando tapóns e atascos, xa que ademais do uso que fan os veciños para acudir as súas vivendas, é unha vía moi empregada polo socios da entidade deportiva que hai no barrio. “Os veciños xa están fartos dos problemas que ocasiona este atranco. Cada día que ven o burato sen arranxar é un día máis no que se dan conta de que tanto socialistas como nacionalistas esqueceron esta zona”, afirmou López.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies