Medio Ambiente

El PP denuncia que una multinacional utiliza “a coste cero” el laboratorio de la EDAR de Lugo para analizar agua de otros Concellos

By 15 mayo, 2017No Comments

El portavoz del Grupo Municpal del PP Jaime Castiñeira afirma que “se están utilizando instalaciones, materiales, equipos y personal pagado por los lucenses para un servicio que Gestagua, realiza y factura, a otros Concellos gallegos con los que tienen contrato”

O voceiro do Grupo Popular desvelou que a empresa privada Gestagua, concesionaria do ciclo da auga de Lugo, utiliza “a custe cero” o laboratorio da Estación Depuradora de Augas Residuais para realizar análises de auga doutros concellos como o de Carballo matizando que “é posible que non sexa o único”.

O voceiro dos populares fixo esta denuncia tras certificar que se está taballando, nestas dependencias municipais de Lugo, con mostras de auga que procedentes, supostamente, das Depuradores de  A Cepeira, Baldaio, Novi e Razo. Castiñeira aportou fotografías nas que se poden ver mostras etiquetadas cos nomes destas Estaciones Depuradoras con data do mes de maio salientando que “é un abuso que se utilice material e persoal do Concello de Lugo para analizar a calidade da auga que se está vertendo no litoral dos núcleos costeiros deste concello da provincia da Coruña”.

Jaime Castiñeira  considera gravísima esta operación explicando que “no caso de que o Concello faga a vista gorda, permitindo este traballo, significaría que está outorgándolle un novo trato a favor a unha multinacional” xa que “estaría autorizando a Gestauga un uso inapropiado das dependencias de Lugo pagadas por todos os lucenses”. No caso de que o goberno de Lugo descoñeza que se leva a cabo esta acción nun laboratorio municipal é, se cabe, máis preocupante xa que viría a ratificar as denuncias que vimos reiterando, dende o Partido Popular, sobre o descontrol que teñen os socialistas das empresas que prestan servizo para o Concello.

Castiñeira manifestou que no caso de Gestagua “co agravante de que estamos a falar dunha empresa que xestiona o ciclo completo da auga cun contrato caducado”. A depuradora non ten vinculación contractual dende o 24 de novembro de 2011 e a potabilizadora dende febreiro de 2011, dende que venceron os contratos se acumulan pagos con reparos de legalidade que superan os 18 millóns de euros

 Os populares explican que se se licitasen os contratos, en tempo e forma, se poderían aforrar preto de 4 M€  aplicando o 20% das baixas.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies