Cultura

El PP denuncia que el vandalismo se ceba en el nuevo auditorio de Magoi antes inaugurarlo

By 29 septiembre, 2021No Comments

Los populares desvelan que “al parecer el impacto de un objeto contundente rompió una placa de vidrio del edificio provocando desperfectos en la fachada del interior”

O Partido Popular lamenta un novo episodio que reflicte o abandono e a imaxe de desmantelamento que sufre o novo auditorio de Magoi antes de que os lucenses o poidamos estrear. Ramón Carballo reflexionaba como “hai unhas semanas denunciábamos a selva que rodeaba esta dotación e, hoxe, temos que lamentar danos na fachada por actos vandálicos como consecuencia da falta de seguridade que hai nesta infraestructura”.

“Ao parecer, como consecuencia do impacto dun obxecto contundente na fachada interior do edificio, rachou un dos panos de vidro. O suceso tivo lugar esta pasada fin de semana e provocou danos visibles nesta dotación”. Para o voceiro popular “este incidente era visto” xa que “o bigoberno ten abandonado este edificio o que invita a persoas alleas a acceder ao recinto xa que a valla perimetral, á altura do número 58 da Avenida de Magoi está aberta de par en par e non hai ningún cartel que indique que é propiedade privada”.

“O que ocorre con esta dotación na que se investiron 22 Millóns de euros é un síntoma clarísimo do desinterese e da falta de capacidade, tanto do PSOE como do BNG, para poñerla en marcha”. Carballo indicou que “temos o continente, polo que moitos dos que agora están no goberno se manifestaron hai anos, e agora falta o contido e o modelo de xestión”.

Os populares insisten en que “cada día que pasa empeora tanto a situación exterior do edificio como no seu interior” recalcando que “que falta a ventilación e mantemento adecuado o que podería provocar danos ao edificio e aos equipos que logo teremos que pagar todos os lucenses”.

Ramón Carballo rematou lamentando que tanto PSOE como BNG se poñan de perfil dilatando a apertura do novo auditorio “perderon a oportunidade de facer os concertos do San Froilán en espazos amplos como os que ofrecía este edificio e moito nos tememos que nin para o Nadal serán capaces de abrir as súas portas”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies