CulturaSen categoría

El PP denuncia que el 75% de los recursos interactivos del MILH están fuera de servicio provocando una mala imagen a los turistas

By 1 julio, 2021No Comments

El Partido Popular denuncia que el 75% de los recursos interactivos de la exposición permanente del MIHL no funcionan. En las dos  maquetas interactivas que hay en este espacio cuelga el cartel de  “fuera de servicio /out of service”. Además hay proyecciones y vitrinas que no funcionan y su caja negra para proyecciones, con una pantalla de 10 metros de altura, no se usa.

A concelleira popular Beatriz Vázquez califica de vergoñenta esta situación xa que “a pobreza de contidos e o seu deficiente mantemento dá unha mala imaxe aos turistas”. A concelleira popular está sorprendida de que “o goberno local venda o MIHL como un museo no que priman as novas tecnoloxías cando a realidade é que é un espazo desaproveitado e desanxelado onde se programan contidos de mínimos para xustificar que está aberto ao público”. O PSOE vendeu a construción deste Museo como un espazo  para impulsar actuacións ou intervencións audiovisuais pero semella que agora que está en mans do BNG “este vai por libre e prefire optar por contidos que poderíamos ver en calquera outro espazo museístico de Lugo”.

Outro despropósito é que a páxina web do MIHL que publicita a axenda e horarios “a última actualización foi no ano 2017 e, de feito, os horarios que publicita non coinciden cos que hai na actualidade”.

Dende o PP anuncian que pedirán explicacións ao bigoberno sobre “se teñen previsto reparar os recursos interactivos que no funcionan da exposición permanente do MIHL; en que prazo estarán operativos; tamén solicitan información sobre os custes de funcionamento do edificio e, asemesmo, queren saber en que situación están os proxectores da caixa negra, así como os datos sobre o número de visitantes dos últimos meses”.

Vázquez conclúe que lamentablemente “se cumpren os nosos peores pronósticos: o PSOE gastou preto de 11 M€ dos lucenses nun edificio ao que é incapaz de dárlle contido”. Os populares explican que “tal e como está xestionado o MIHL é un despropósito político, con escasas visitas” como “nunca creron nas súas posibilidades e de feito nunca fixeron ningún tipo de campaña de promoción para captar novos visitantes porque non teñen nada que ofrecerlles”.

Con respecto ao mantemento dos recursos interactivos do resto dos museos da rede museística municipal semella que tamén hai problemas graves “no  Centro interpretativo de la muralla non funciona o vídeo do primeiro andar sobre o Lugo Romano, nin tampouco o da segunda planta do Lugo Medieval e tamén as pantallas están fóra de servizo; no Centro Arqueolóxico de San Roque non funciona ningún dos tres vídeos, nin a pantalla táctil dende antes do confinamento; e en Porta Miñá tampouco funciona a pantalla táctil”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies