Medio Ambiente

El PP denuncia maleza que supera los dos metros de altura en un solar municipal que el bigoberno usa como desguace y escombrera ilegal

By 11 agosto, 2021octubre 26th, 2021No Comments

El vicevoceiro del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide recuerda que se trata de una propiedad municipal que Lara Méndez y Rubén Arroxo convirtieron en un desguace y escombrera de vehículos, en el que también hay césped artificial, farolas y el antiguo stand de turismo, sin cumplir ninguno de los requisitos que se le exigen a la iniciativa privada para almacenar este tipo de productos

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, pregunta ao goberno local polos motivos de sacar peito todas as semanas nos medios de comunicación presumindo dos supostos desbroces que están a realizar, mentres teñen propiedades municipais nas que a maleza medra sen control, superando xa os dous metros de altura.

Antonio Ameijide pon como exemplo un solar municipal, no polígono do Ceao, que o goberno local emprega como desguace de coches e lugar de depósito de calquera tipo de material que sobra no concello, xa que hai vehículos, farois ou rolos de céspede artificial. “Pode verse a simple vista que non se cumpren as medidas en materia de prevención do dano medioambiental xa que os vehículos están moi deteriorados, materias altamente contaminantes tirados alí, sen poñer ningún tipo de medida de seguridade para garantir que eses produtos non afectan ao medio ambiente”, apunta.

O concelleiro popular explica que se trata dunha parcela situada na rúa dos Carros e na que o goberno local depositou todo tipo de vehículos,  e incluso no pasado podían verse farois retirados das rúas, o céspede artificial que foron retirando dos campos de fútbol municipais e ata a caseta do punto de información turística que había na Praza da Constitución.

Este tipo de residuos, como os vehículos retirados da vía pública, deben ser almacenados en lugares que cumpran unha serie de requisitos xa que se consideran residuos altamente contaminantes. Por exemplo, entre os requisitos esixidos para almacenar vehículos se atopan:

  • Zona cuberta e dotada de pavimento impermeable, como mínimo, para os depósitos de residuos perigosos
  • Depósitos adecuados para almacenar separadamente os fluídos que deben extraerse dos vehículos (combustible, aceite de motor, aceite de caixas de cambio, aceite de transmisión, aceite hidráulico, líquidos de refrixeración… e calquera outro fluído do vehículo)
  • Contedores adecuados para almacenar as baterías (con material para a neutralización do electrolito alí mesmo ou en sitio próximo para casos de accidente), filtros de aceite, filtros de combustible así como calquera outro residuo perigoso que se poida xerar no proceso de descontaminación
  • Zona apropiada para almacenar pneumáticos fóra de uso que inclúa medidas contra incendios e prevención de riscos derivados de almacenamentos excesivos
  • Recoméndase contar cun sistema de protección contra incendios

Unha situación que xa se denunciou dende o Partido Popular no pasado e que o Concello de Lugo “non so segue a permitir e a amparar se non que vai a peor”, pese a que o goberno local esixe unha serie de requisitos para calquer emprendedor ou empresario “pero resulta que a propia administración elude cumprir esa mesma normativa”.

Nesta parcela están depositados os rolos de céspede artificial que se retiraron dos campus de fútbol no verán de 2018. Materiais que se deixaron directamente sobre a terra, sen ningún tipo de protección nin medida preventiva, “en lugar de levalos a un xestor de residuos”, a pesares e que o céspede artificial é un produto tóxico para o medio ambiente, xa que ao estar fabricado con caucho de pneumático e outros materiais perigosos, coas choivas e a erosión vanse desprendendo  microplásticos que son nocivos para o chan e as augas subterráneas circundantes.

Unha propiedade municipal na que tamén se poden ver farois e a caseta do punto de información turística, unha infraestrutura que o Grupo Municipal Popular pediu no ano 2009 que se destinase para dar información aos peregrinos que chegaban a Lugo a través do Camiño Primitivo “pero que socialistas e nacionalistas prefiren ter tirada nunha finca”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies