Tráfico

El PP denuncia “mayor riesgo vial” de algún punto por culpa del “repintado chapucero”

By 21 noviembre, 2016No Comments

El viceportavoz popular, Antonio Ameijide, asegura que “lejos de mejorar la seguridad vial, el regateo de los socialistas en esta materia provoca que se hayan generado nuevos problemas donde antes no los había”, por lo que insta al gobierno a corregirlos

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Antonio Ameijide, denuncia que “o repintado chapuceiro” que acometeu o goberno municipal provoca “situacións de maior risco viario que as que existían previamente”.

Nesa liña, Ameijide explica que “lonxe de mellorar a seguridade viaria tras a última campaña de sinalización, o regateo dos socialistas nesta materia leva a que hoxe en día haxa problemas en puntos nos que antes non os había”. “Un dos mellores exemplos atopámolo na rúa Benigno Ledo, na confluencia entre os dúas viais de acceso dende a Avenida de Madrid a esta zona na que se ubican as Facultades de Enfermería, Humanidades e Relacións Laborais”, detalla, xa que “mentres que ao remate do carril que comeza no lateral dereito da Avenida de Madrid hai un sinal de ceda el paso, ao final do acceso dende a rotonda hai outro pintado na calzada”. “Isto provoca unha contradición que leva aos condutores a ter dúbidas sobre as prioridades de paso, xerando un perigo evidente e innecesario”, subliña o vicevoceiro popular, quen apunta que “un detalle non menor é que un destes dous carrís tropeza, de súpeto, cos vehículos circulando en dirección contraria procedentes da zona do Pazo de Deportes”.

Diante desta situación, insta aos socialistas “non só a corrixir estas novas situacións, senón tamén a completar o repintado viario para evitar novos atropelos”, comezando por ese entorno no que as marcas están “totalmente borradas”. 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies