Medio Ambientetransparencia

El PP denuncia demora, por falta de persoal, en la devolución de cobros indebidos de los recibos de agua

By 20 marzo, 2017No Comments

La concejala popular Ana López Pombo explicó que esta situación es consecuencia del desmantelamiento, por parte de los socialistas, del servicio de Aguas puntualizando que “en este momento hay dos vacantes sin cubrir en atención al público y que para lectura de contadores hay 5 operarios”

O Grupo Municipal do Partido Popular afirma que “o desmantelamento progresivo do Servizo de Augas” provoca retrasos na devolución de cobros indebidos dos recibos de auga e queixas por lecturas supostamente erróneas dos contadores. A concelleira popular Ana López Pombo denuncia que os 5.000 € mensuais que estamos pagando dende novembro para reorganizar o sistema non frea os escritos que rexistran os veciños á Comisión de Suxestións.

Dende o Partido Popular apuntan que “no servizo de atención ao público hai dúas vacantes de administrativos e que o persoal que hai na actualidade resulta insuficiente para asumir a carga de traballo”. Con respecto aos operarios que se encargan da lectura de contadores indican que hai 5 persoas que tamén resultan insuficientes para levar a cabo este traballo sobre todo “cando hai baixas porque quedan sen cubrir e produce unha sobrecarga de traballo maior do habitual”.

López Pombo tamén aludiu “á lentitude na tramitación de reclamacións directas neste servizo” de feito hai un veciño que leva pedindo unha devolución dende o 14 de outubro de 2015 e que afirma que se lle indica que “como carecen de persoal suficiente terán que seguir agardando”.

Ana López Pombo enumeraba algunha das queixas que presentaron  veciños de Lugo á Comisión onde denunciaban que se lles facturaba un consumo de auga supostamente non realizado destacando “o cargo de máis de 484 € a un veciño da rúa Anduriñas ou os 200 € na factura de auga trimestral dun piso baleiro e que tiña a chave de paso pechada”. A popular tamén subliñou que  os socialistas continúan sen devolver á comunidade de veciños de Aquilino Iglesia Alvariño os 2.300 € que lles cobraron indebidamente por unha fuga que tivo lugar no xardín propiedade do Concello.

A concelleira popular reflexionaba “nin coa contratación,  dunha empresa para facilitar o sistema de lectura se consigue corrixir a caótica situación do servizo de Augas que os socialistas desmantelaron nos últimos anos”

Socavóns Canil

O deficiente mantemento dos canís é outro dos asuntos que provoca queixas entre a veciñanza e que xa foi obxecto de denuncia do Grupo Popular en outubro de 2016  “cando reclamamos a súa limpeza para conseguir unha óptimas condicións de salubridade e hixiene” matizou López Pombo. Na Comisión deste mes se presentan dúas reclamacións para que se proceda ao recheo dos buratos do canil de Fingoi “os veciños explican que hai moitos e grandes socavóns nos cales os cans poden mancarse, incluso romper  unha pata, cando xogan ou corren por esta zona”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies