Seguridad

El PP defenderá en el pleno la renovación de la red de aguas del Ceao para aumentar la presión y garantizar el servicio de extinción

By 14 febrero, 2022No Comments

Antonio Ameijide explica que casi un año después del devastador incendio del Ceao el gobierno de Lara Méndez “no fue quien de reaccionar pese la que fue el peor incendio de la historia de Lugo” por mejorar la red de abastecimiento de este polígono industrial

O Partido Popular elevará unha proposición a pleno para urxir á renovación da rede de abastecemento no Ceao, apoiándose  nos informes municipais derivados deste incendio. Neses informes certifícase a sospeita dos populares: “que a falta de presión de auga dificultou enormemente as tarefas dos servizos de extinción de incendios”.

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide explica que “xa hai meses que advertimos da necesidade de planificar e proceder á renovación da rede de subministro de auga naquelas zonas do polígono do Ceao nas que a presión  é moi baixa para garantir o subministro no caso de emerxencia, pero a realidade é que a piques de cumprise un ano deste incendio Lara Méndez non fixo nada por corrixir esta situación”.

Segundo os informes municipais, a presión de auga nas rúas onde tivo lugar o incendio era unha cuarta parte de la que había noutros puntos do polígono (de entre 0.6 e 0,8 kg/cm2), mentres que, por exemplo, na rúa dous Carpinteiros, á carón da ITV hai presión de 3,8 kg/cm2. “Queda claro que a mínima presión de auga coa que tiveron que afrontar o incendio os bombeiros foi o seu gran rival xunto ás lapas”, reflexionou Ameijide.

Por isto mesmo, os populares urxen a renovación da rede, actuación fundamental e imprescindible xa que suposto de que o goberno local opta por aumentar directamente a presión de auga existe o risco, nunha porcentaxe moi elevada, de sufrir rebentóns ou roturas na rede xa que as tubaxes son moi antigas, de fibrocemento, polo que moitas delas xa superaron con creces a súa vida útil. “A realidade é que non hai presión suficiente de auga e que as tubarias non son capaces de asumir un incremento de presión”, afirmou.

Ante esta situación, Antonio Ameijide insiste en que é preciso renovar a rede de abastecemento para mellorar o subministro no caso de que se produza outro suceso dese calibre ou peor. Incluso, o servizo municipal de enxeñería establece no informe que é necesario planificar un plan director do ciclo da auga e facer unha planificación e propostas de intervención para mellorar a rede de servizos.

Para garantir a seguridade, incluso dentro do propio corpo de bombeiros municipal, os populares insisten na necesidade de que este corpo conte cun cadro de persoal axeitado a unha cidade das dimensións e a poboación de Lugo. “É preciso reforzar o persoal. Segundo se establece dende Europa, o corpo de bombeiros debería contar cuns 100 efectivos, pero a realidade é que non hai nin a metade”, finalizou.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies