Medio AmbienteOtros

El PP cuestiona la eficacia del punto limpio “por la desidia del gobierno socialista”

By 15 septiembre, 2016No Comments

La concejala popular Ana López Pombo denuncia que la reducción a la mitad del personal del punto limpio ha provocado la disminución del horario de funcionamiento y, consecuentemente, la acumulación de residuos a las puertas de estas instalaciones

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular Ana López Pombo cuestiona “a eficacia e utilidade” do punto limpo “pola desidia do goberno socialista”.

Tal como explica a edil popular, “a redución á metade do persoal que atendía estas instalacións provoca que se diminuíra drasticamente o seu horario de funcionamento”, de xeito que “o volume de residuos que se acumulan ás portas do punto limpo fóra do tempo de apertura non deixa de medrar”. Nesa liña, López Pombo detalla que “non ten sentido ter un depósito deste tipo infrautilizado polo capricho do goberno socialista de minguar os horarios e o persoal que atende estas dependencias”. “Igual que tampouco ten sentido que o goberno local autorice que a traballadora do servizo se vexa obrigada a acudir ao punto limpo mañá e tarde, incumprindo o convenio colectivo que establece que ese tipo de xornada só será de aplicación para o persoal de administración, ao que non pertence evidentemente esta empregada”, afonda.

Outro dos problemas que denuncia Ana López Pombo é o relacionado co peche perimetral das instalacións, “cunha rede cun burato enorme a través do cal poden acceder simultaneamente varias persoas sen ningún tipo de autorización”. Deste xeito, a popular puntualiza que “continuamente se están a producir roubos”, de xeito que “este servizo perde todo o seu sentido se non se impide que calquera entre alí sen ningunha dificultade”. “E o primeiro punto no que se debería actuar é no peche do punto limpo no lateral fronte a outra nave, polo que diariamente entran vehículos de gran envergadura como furgonetas e incluso poderían facelo camións”, asegura, ao tempo que solicita aos socialistas “responsabilidade e sensibilidade” para que “non se vexa ameazada a integridade física dos empregados deste punto e para blindar a custodia dos materiais perigosos albergados alí”.

Así mesmo, a concelleira popular pon sobre a mesa “outras deficiencias” que convén corrixir “á maior urxencia”, como as filtracións de auga que se están a producir no recinto no que se atopan os colectores destas substancias perigosas, como pilas, “sen que haxa garantías totais de que isto non poida chegar á rede do alcantarillado”. “Falamos dunha cuestión que pode converterse nun problema de saúde pública e que estamos a tempo de atallar”, reflexiona López Pombo, quen revela que isto “xa motivou inspeccións e actas da Policía Autonómica”, polo que “o goberno local non pode alegar descoñecemento para non ter adoptado decisións a este respecto”. Por outra banda, esta mesma edil alude a outras carencias do servizo, “dende algo tan sinxelo como a falta de maquinaria para trasladar os residuos, moitos deles de gran envergadura, que os veciños de Lugo depositan no punto limpo”.

Paralelamente, Ana López Pombo salienta que “tendo en conta que hai unha media de 30 ou 40 usuarios ao día destas instalacións, o mínimo que cabe pedirlle ao goberno local é que atenda as súas necesidades, dado que o Concello non lle pode pedir aos veciños que fagan o esforzo por trasladar alí certos materiais se é o primeiro en pecharlles as portas”.

Finalmente, a edil popular anuncia que pedirá explicacións por esta situación na vindeira Comisión de Medio Ambiente “especialmente tendo en conta que non se produciron modificación nos custes do servizo dende novembro de 2012”, ao tempo que critica “a falta de transparencia do goberno municipal, quen denegou o acceso ao expediente que contén o contrato dende xuño ata hai apenas uns días”. 

Responder

19 + doce =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies