Tráfico

El PP critica que los socialistas experimenten la turborrotonda en una de las glorietas más complicadas de Lugo

By 9 noviembre, 2016No Comments

El  viceportavoz del Partido Popular Antonio Ameijide acusa al gobierno local de “deixarse levar polas modas e de implantar medidas de forma improvisada” matizando que “se debería seleccionar unha rotonda menos perigosa para testar este tipo de medidas para mellorar a fluidez do tráfico”

O vicevoceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide considera unha “mala decisión” que o goberno local elixa a rotonda do Ceao, situada na intersección de Duquesa de Lugo con Benigno Rivera, como ubicación para testar a primeira turborrotonda do municipio. O popular desvelou que “hai uns días os socialistas colocaron a sinalización vertical en só dúas das catro entradas desta glorieta sen modificar a sinalización horizontal que regula a circulación. Neste momento un deses sinais está precintado e o outro destapado o que provoca confusión entre os conductores, xa que se  contradí o fluxo habitual da glorieta.

Ameijide puxo de manifesto que “se ben as turborrotondas poderían servir para mellorar a fluidez do tráfico das glorietas tradicionais, non é de recibo que se elixa xusto un dos puntos máis conflictivos e con maior sinistralidade da cidade para probar se funciona esta experiencia piloto”. “Está claro que estamos ante un goberno de Lugo que traballa sen planificación. Todo apunta a que viron nos medios como se inauguraban turborrotondas noutras cidades da contorna e que quixeron sumarse á moda sen máis, e sen estudar cal sería o punto idóneo e máis seguro para implantalas”, reflexionou o vicevoceiro popular.

Os populares indican que no caso de que os socialistas manteñan o seu empeño en ubicar nesta glorieta do Ceao a turborrotonda “sería preciso levar a cabo unha campaña informativa en condicións; a sinalización de todas as entradas de forma homoxénea e establecer un dispositivo de vixilancia policial os primeiros días ata que os conductores se fagan coas novas normas de circulación”. Ameijide explicou “que, neste tipo de rotondas, os conductores teñen que anticiparse e decidir a dirección que van coller antes de acceder á glorieta para  situarse no lugar adecuado  xa que, os vehículos que entran non poden cambiar de carril”. “Outro aspecto no que hai que ser moi coidadosos é co mantemento da sinalización tanto vertical como horizontal” salientou o popular.

Tendo en conta que ainda non se fixo ningún tipo de repintado, nin se levou a cabo ningunha acción para implantar a turborrotonda do Ceao máis aló da colocación da sinalización vertical, o Grupo Popular solicita aos socialistas que lle dean unha repensada a instalar este sistema neste punto. Ameijide avanzou que presentarán preguntas en comisión para pedir explicacións de por que se escolleu esta rotonda para experimentar esta medida, cando teñen previsto probar a turborrotonda, si van a apostar por este sistema noutras glorietas e se hai informes que analicen as vantaxas desta medida para mellorar o tráfico en Lugo.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies