Servicios sociales

El PP critica que los centros sociales lleven un mes cerrados los fines de semana

By 15 julio, 2015febrero 2nd, 2016No Comments

La concejala popular Mari Teijeiro reprocha al gobierno municipal “falta de sensibilidad” por cerrar los centros de convivencia en verano “cuando muchas personas hacen uso de ellos en momentos de ocio como son los fines de semana”

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular Mari Teijeiro esixiu esta mañá en rolda de prensa ao goberno municipal a apertura dos centros sociais en fins de semana e festivos. Tal como explicou Teijeiro, “non é de recibo que os períodos vacacionais dos que lexitimamente disfrutan os traballadores, ou as súas ausencias por enfermidade, poidan afectar ás condicións nas que se prestan os servizos municipais”. Nesa liña, acusou ao goberno local de “falta de sensibilidade” e de “improvisación e nula capacidade de organización” posto que se trata dunha circunstancia “que estaba perfectamente prevista e da que o goberno local debera ser consciente”.

“O que estivo a acontecer nestes momentos é que por un erro político dos socialistas centos de maiores do noso municipio estanse a ver privados dende hai un mes da súa oferta de ocio”, resumiu Teijeiro, ao tempo que reprochou aos socialistas que “parece que non queren decatarse de que moitas persoas non poden viaxar e as súas posibilidades de lecer dependen directamente das actividades dos centros sociais”.

En opinión de Mari Teijeiro, esta situación resulta “especialmente indignante” “tendo en conta o custe mínimo que suporía para as arcas municipais ofrecer estas actividades de ocio”. Así, cifrou en apenas 4.000 euros o montante total de manter abertos todos os centros, tal como estaba planificado, xa que “temos o material e temos as instalacións, só faltaría a parte do persoal”.

Así mesmo, a edil popular asegurou que “a ninguén se lle escapa que o número de horas que se consomen en substitución de persoal non pode interferir no normal desenvolvemento e programación da animación”, xa que “quen pagan o servizo, que son os cidadáns, son os únicos perxudicados porque non dispoñen das prestacións que están financiando cos seus impostos”. “Se chegamos a este punto é polo que fixo o goberno municipal, que foi destinar as horas previstas para actividades en cubrir ausencias, baixas ou vacacións do persoal funcionario”, revelou a popular.

Ademais, a responsable de Benestar Social do Grupo Municipal do Partido Popular anunciou que trasladará esta reclamación ao vindeiro pleno “co obxectivo de que o goberno municipal corrixa esta situación e poida emendar e dar resposta a todas as protestas que están a chegar por parte de usuarios de diversos centros de convivencia”. “É certo que os maiores levan máis dun mes (dende o 13 de xuño) sufrindo estas restricións de horarios e actividades, pero non é menos certo que urxe corrixir esta situación, que os socialistas tiñan previsto prolongar outros tres meses, ata o 12 de outubro”, subliñou.

Por último, Mari Teijeiro lembrou que o Partido Popular leva pedindo dende xaneiro de 2014 a unificación dos horarios dos oito centros de convivencia, ao tempo que cualificou de “lóxicas e razoables” as queixas dos usuarios dalgún centro que pecha dúas horas antes que o resto e aos que se les obriga a rematar antes da hora os seus obradoiros, en referencia ao centro María Balteira.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies