Tráfico

El PP critica que el gobierno local bloquee la eliminación del tapón urbanístico de la calle Fisterra

By 15 enero, 2017No Comments

El viceportavoz popular Antonio Ameijide lamenta que los socialistas lleven dos años sin contestar a la propuesta de la Xunta de Galicia, que se compromete a financiar la eliminación del estrechamiento y a reurbanizar este tremo de la calle Fisterra

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, critica que o goberno local leve dous anos “bloqueando e torpedeando” a eliminación do tapón urbanístico da rúa Fisterra.

Tal como lembra o popular, o Concello de Lugo ten no seu poder un borrador de convenio remitido pola Axencia Galega de Infraestruturas o 19 de marzo de 2015 no que a Xunta de Galicia se compromete á demolición das edificacións (incluíndo a xestión dos materiais produto das demolicións, muro de contención e construción do ensanche da calzada e a beirarrúa) e a dotar de capa de rodadura de mestura bituminosa en quente no treito comprendido entre os puntos quilométricos 1,280 e o 1,420 da rúa Fisterra.

“Pasaron dous anos e o goberno municipal nin sequera se molestou en dar unha resposta firme a unha proposta que daría unha solución a unha vella reivindicación dos veciños de Albeiros”, expón Ameijide, ao tempo que detalla que “o peor é que nin sequera nos estraña esta conduta porque é outra mostra máis do comportamento obstaculizador do goberno local”, que “sistematicamente” se opón a todos os investimentos que a Xunta de Galicia e o Estado prevén para o Concello, “e aí está o bloqueo da licenza municipal para obras no CEIP das Mercedes, a inexistencia de terreos en condicións para a construción do novo CEIP do Sagrado Corazón, o bloqueo á rotonda de Afonso X ao non responder  á petición da superficie precisa para esta glorieta ou a negativa a que o IES das Mercedes pasase a ser un Centro Integrado de Formación Profesional de vangarda a nivel autonómico”.  “Por certo, dificilmente podemos crer que a alcaldesa será quen de rematar nuns meses co tapón da Avenida da Coruña cando leva dous anos sen asinar o convenio coa Xunta para suprimir o da rúa Fisterra”, afonda o vicevoceiro popular.

Titularidade desta rúa.-

Por outra banda, Antonio Ameijide apunta que “non ten ningún sentido que a día de hoxe as rúas Monte Faro e Fisterra sigan a ser de titularidade autonómica cando contan con todas as características e peculiaridades dunha de carácter municipal”. “Tan asumido está que a rúa Fisterra pertence ao Concello que o propio goberno municipal realizou recentemente a pavimentación da parte alta da vía con fondos propios”, indica.

Por último, o vicevoceiro popular tamén incide “nos problemas” en que pode xerar esta situación “mesmo para a regulación de tráfico”, dado que “dende o punto de vista legal, o Concello non podería tomar ningunha decisión ao seren vías cuxa titularidade corresponde á Xunta de Galicia”. “Para rematar con todo isto e para dar unha solución definitiva a unha vella reivindicación dos veciños de Albeiros, o único que tería que facer o goberno local é acatar o acordo plenario adoptado a iniciativa do PP hai un ano, no pleno de xaneiro de 2016”, conclúe.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies