Servicios sociales

El PP critica que el Ayuntamiento aún no haya convocado las becas de material escolar

By 6 septiembre, 2016No Comments

La concejala popular Mari Teijeiro ve “profundamente irresponsable que a cinco días de que comiencen las clases de Educación Infantil, ni siquiera esté publicada la convocatoria que regirá la concesión de estas ayudas de 80 euros”

A edil do Grupo Municipal do Partido Popular Mari Teijeiro critica que o Concello de Lugo aínda non teña publicado a convocatoria que rexerá as becas de material escolar para 450 alumnos de Educación Infantil do municipio.

Para a popular, “é irresponsable e incomprensible que a cinco días de que comecen as clases, as familias non saiban se van dispoñer destas axudas” para sufragar os custes “nun momento de especial esforzo económico ao coincidir con outros gastos propios do inicio do curso, como o propio vestiario”. “É especialmente preocupante, ademais, porque se trata dunha axuda ordinaria con carácter anual que non debería coller de sorpresa aos socialistas”, afirma Teijeiro, quen subliña que “é indignante que apracen, sen data de resolución, a concesión dunha partida tan pequena de 36.500 euros”.

Nese senso, Mari Teijeiro afonda no “malestar” que existe entre as familias do municipio dados os antecedentes de 2015: “se o ano pasado esta liña de axudas tardou tantos meses en tramitarse (abriuse o prazo o 12 de xuño de 2015 pero non se resolveu ata ben entrado o outono), que non pasará este ano cando empezaremos o curso sen que sequera estea publicada a convocatoria?”, reflexiona. “Non é descabellado que comece o ano 2017 e siga sen haber ningún resultado da convocatoria”, augura.

En opinión da popular, “non existe xustificación nin desculpa ningunha para esta falta de previsión”, que vén a ratificar que “as prioridades do goberno non coinciden coas dos lugueses”. “Máis aínda tendo en conta que tanto a concelleira de Servizos Sociais, Ana González, e o de Educación, Manuel Núñez, son xa veteranos e deberían preocuparse por moito que a alcaldesa se desentenda desta cuestión”, asevera.

Por último, Mari Teijeiro insta a publicar as bases “á maior brevidade posible e, loxicamente, a axilizar a resolución desta liña de axudas” co obxectivo de minimizar o impacto lesivo que ten “esta demora e esta preguiza do goberno local”, especialmente sobre as familias luguesas, pero tamén sobre as librarías, ás que tamén afecta esta circunstancia. 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies