O GarañónUrbanismo

El PP critica que la alcaldesa bloquee la Comisión de O Garañón “por su capricho de blindarse en la presidencia”

By 15 marzo, 2017No Comments

El viceportavoz del Partido Popular, Antonio Ameijide, asegura que “la reunión mantenida esta mañana ha vuelto a poner de manifiesto la debilidad del gobierno local, que dos años después sigue siendo incapaz de legitimarse al frente de la corporación”

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, critica que a alcaldesa bloqueara esta mañá a Comisión do Garañón “polo seu capricho de blindarse á fronte da presidencia”.

Ao remate da xuntanza da Comisión monográfica celebrada hoxe, Ameijide valora que “o que volveu quedar de manifesto é a absoluta debilidade do goberno municipal, que dous anos despois da súa chegada segue a ser incapaz de lexitimarse á fronte do Concello”. “A mellor mostra do desinterese que teñen os socialistas por este asunto é que non foron quen de avanzar máis alá da mera constitución deste órgano”, asegura Ameijide, quen culpa aos socialistas do “bloqueo” e o “boicot” ao “empeñarse” en ocupar tanto a presidencia como a vicepresidencia desta Comisión.

Antonio Ameijide contrapón a esta “obsesión” dos socialistas por “monopolizar” os órganos de dirección, a actitude construtiva do Gruop Municipal do Partido Popular, que se amosou disposto a ceder a vicepresidencia á formación Alternativa Cidadá de Esquerdas. “A impresión que nos queda é que fomos os únicos que formulamos algunha proposta concreta e crible, máis alá do non polo non do BNG ou do eu e mais eu do PSOE”, afirma.

O vicevoceiro popular enmarca o comportamento desta mañá da alcaldesa na súa “permanente liña” de que segue empeñada en defender os intereses do ex secretario xeral do seu partido, máximo responsable da desfeita do Garañón, Gómez Besteiro. “Dende o Grupo Municipal do Partido Popular non imos servir como moeda de cambio a seguir preparándolle o terreo a Besteiro para o seu regreso á area política galega”, advirte.

Finalmente, Antonio Ameijide sostén que “coa súa manobra, o único que pretende Lara Méndez é seguir gañando tempo para continuar amparando os intereses do promotor, López Orozco e Gómez Besteiro, en lugar de velar polos dos lugueses”. “O máis grave de todo iso é que o tempo que Méndez pretende gañar para Besteiro é o mesmo tempo que perdemos todos os lugueses para dar pasos de cara á anulación do convenio do Garañón e tratar de evitar a indemnización millonaria ao tempo que se devolve ao seu estado orixinario esta zona do Parque Rosalía de Castro”, conclúe. 

Responder

dieciseis − cuatro =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies