Turismo

El PP critica al BNG la ausencia de un proyecto municipal de promoción turística de Lugo que podría beneficiar al tejido comercial

By 25 julio, 2021No Comments

El concejal del Grupo Municipal del PP Beatriz Vázquez no entiende como Maite Ferreiro sigue negándose a apostar por promocionar los atractivos turísticos de la ciudad lo que redundaría en un revulsivo económico del que se podrían beneficiar todos los comercios de la ciudad,

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Beatriz Vázquez, critica a “nula” preocupación dos concelleiros do BNG pola promoción turística de Lugo, da que “non hai nada nin se espera que fagan nada”.

Beatriz Vázquez denuncia publicamente que na última comisión, Maite Ferreiro recoñeceu que o Concello de Lugo “non vai a facer nada” por promocionar o Xacobeo nin por facer unha proxección de Lugo como cidade para atraer turismo. Unha postura que “non se entende” xa que potenciar Lugo como “unha cidade atractiva para o turismo” redundaría no beneficio do tecido económico da cidade, xa que todos os turistas que chegasen á cidade realizarían un gasto que “viría moi ben a todos agora, sobre todo na actual situación económica na que nos atopamos”.

Unha nula promoción turística de Lugo que ten como mellor exemplo o punto de información que se habilitou hai poucas datas na Praza Maior, diante da casa do Concello. Neste punto se reparten folletos informativos “obsoletos”, editados no 2015 e que remiten a aplicacións que non existen ou que non están actualizadas como as páxinas web da propio área de cultura. Unha situación ante a que Beatriz Vázquez propuxo a renovación do material informativo que se entrega, que podería ter como primeiro paso un tríptico específico para a promoción dos tres patrimonios que ten Lugo, entre eles o Camiño Primitivo, pero que se atopou “cun NON” por parte da responsable de Turismo. “Para Maite Ferreiro é suficiente con ter dous ou tres perfís nas redes sociais, pero así teremos os turistas mais que perdidos coa mala ou nula cobertura wifi que hai no casco histórico, cousa da que tamén levámonos queixando xa vai tempo”, e engade tamén que “o turista en realidade quere ter a información na man, en formato papel, xa que sempre o levan para os seus lugares de orixe como recordo e, xa que logo con eles poderían axudar na promoción de Lugo”.

Beatriz Vázquez recorda que ante esta inactividade do BNG pola promoción turística de Lugo, levará ao pleno deste mes unha proposición con medidas moi sinxelas para atraer a visitantes de vilas próximas no que queda de 2021 e en todo o 2022 para “por exemplo aproveitar o tempo de descanso dos peregrinos en vilas próximas a Lugo, como Sarria Portomarín ou Palas de Rei, e que veñan á cidade a coñecer a nosa riqueza cultural, gastronómica e comercial”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies