InfraestructurasObras

El PP critica la incapacidad de los socialistas que luego de un mes ainda no cerraron las zanxas de la fuga de agua de Frai Plácido

By 11 noviembre, 2018noviembre 19th, 2018No Comments

El concejal popular Ángel Trabada critica que “la falta de dirección política en el Ayuntamiento de Lugo provoca el caos y la descordinación entre el servicio de aguas y lo de vías y obras” y afirma que esta situación ya “es endémica” y que “es habitual a imagen de abandono de valgas y escombros amontonados de obras municipales”

O Partido Popular acusa ao goberno de Lara Méndez de “pasotismo e dunha brutal falta de dirección política que repercute na coordinación dos departamentos de augas e o de vías e obras”. O concelleiro popular Ángel Trabada realizou esta reflexión tras facerse eco das queixas dos peóns e veciños da rúa  Frei Plácido.

Trabada explica que “hoxe, cúmprese un mes dende que se reparou a famosa fuga de auga que afectou a esta zona e ás casetas do polbo” denunciando que “logo de arranxar a rotura, o pasado 11 de outubro, quedou o escombro amontoado e as vallas tiradas na vía pública”. “Esta imaxe de abandono e de provisionalidade” matizou o edil popular “é un reflexo de como xestiona o goberno de Lara Méndez: de forma improvisada e deixando a medias o traballo”.

O concelleiro popular explica que “no caso de Frei Plácido urxe a retirada dos restos” xa que “están nunha zona de paso moi transitada porque hai no seu entorno un centro educativo e se obriga aos peóns, nun punto da beirrúa a baixar da calzada e, noutro punto, os escombros amontoados tamén dificultan o aceso a un garaxe”.

Ángel Trabada anuncia que ademáis de reclamar que se corrixa esta situación preguntará, na vindeira comisión de obras, cales son os prazos que o goberno local baralla para renovar a canalización desta zona. “Moito nos tememos que a súa velocidade de resposta chegará o vindeiro San Froilán e seguiremos coa mangueira que conecta con Cidade de Viveiro sobre a beirarrúa ”.

Os populares lamentan que este tipo de “estampa de eventualidade sexa xa habitual nas obras municipais de Lugo lembrando os casos como as vallas que hai, dende xullo, en medio da calzada de San Lázaro ou as que se estiveron, durante meses, no cruce da estrada de Portomarín”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies