Cultura

El PP cree que el BNG no quiere las barracas porque la obra inacabada de la Ronda de la Muralla colapsaría el tráfico

By 21 septiembre, 2021No Comments

El portavoz popular Ramón Carballo lamenta que estemos delante “de una alcaldesa de paja sometida a las decisiones de la rama más radical del BNG” y acusa a Lara Méndez de “irresponsable” por utilizar “la táctica de la avestruz a la hora de abordar este asunto”

Os populares lamentan a “comedia que están interpretando o PSOE e o BNG de Lugo e se preguntan como é posible que “a decisión de que non haxa barracas a argumenten como unha proposta de goberno e logo o PSOE pida ao seu socio o BNG alternativas para os feirantes”.

Ramón Carballo cre que un dos motivos polos que os nacionalistas non queren montar as barracas é “o fracaso do plan de tráfico que hai no entorno do Parque de Rosalía polas obras da Ronda da Muralla”. Rubén Arroxo comprometeuse a ter lista esta actuación ao inicio do curso escolar e “non cumpriu o prometido” co que sería imposible montar as atraccións xa que non terían por onde canalizar o tráfico rodado.

Para os populares a estratexia da táctica da avestruz que utiliza a alcaldesa é impropia do seu cargo xa que “o de escudarse en que é un área do seu socio de goberno resulta unha irresponsabilidade xa que estamos a falar de persoas que precisan traballar para manter as súas familias”.

O PP mantén “o seu apoio aos empresarios e feirantes que reclaman traballar en Lugo como tamén apoian a todos os lucenses aos que o concello cobrou de máis nos últimos meses os recibos de auga así como aos veciños de Magoi que reclaman a apertura do novo auditorio ou  calquera outra cuestión que sexa útil ou que redunde na mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas de Lugo: “nós somos coherentes e non estamos sometidos, nin tutelados por ninguén”.

Ramón Carballo di que a “organización das Patronais deste ano é unha cascada de despropósitos” o último o sorpresivo cambio do pregoeiro “hoxe coñecemos polos medios de comunicación a nova proposta” o que pon en evidencia “que nin son capaces de cumprir co que anuncian”. O voceiro popular aludía deste xeito a nova pregoeira que se vén de coñecer indicando como na acta da última Comisión de Festas a proposta do goberno foi doutra persoa sen que se admitisen os nomes que o PP puxo sobre a mesa. Esta manobra avala o que vimos denunciado sobre a “participación ficticia que se ofrece e que a alcaldesa permite”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies